O Universidade de Alacante trunca a racha vitoriosa do Burela Pescados Rubén que perdeu por 3-0 nun duelo intenso no que as burelesas perdoaron en exceso. Desde o pitido inicial ambas escuadras mostraron as súas credenciais e ningún dos equipos lograba dominar ao seu rival aínda que o Burela xeraba maior perigo ofensivo. A escasa puntería das burelás impediu que o marcador se movese e o Alacante apertou no tramo final no que gozou de dúas oportunidades para irse ao descanso con vantaxe. Jozi e o pau evitaron o tanto local e co marcador inicial chegouse ao intermedio. Na segunda parte mantívose o guión de partido pero o Universidade de Alacante tomou a iniciativa no marcador co gol de Pao, minuto 26. A pesar do 1-0 o Burela Pescados Rubén continuou levando o peso do partido e creaba maior sensación de perigo aínda que mentres que as galegas amagaban o Alacante golpeaba marcando o 2-0 por mediación de Sareta, minuto 34. O Burela optou polo xogo de cinco aínda que sen demasiado acerto e as alicantinas redondearon a súa vitoria co 3-0 final de Pao.
Ficha técnica
UA Alacante: Jennifer; Anita, Sara, Lara e Txitxo (quinteto inicial). Tamén xogaron, Mónica, Melli, Pao, Rocío e Elena.
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi; Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Lara, Ceci e Maite.
Goles: 1-0, m.26, Paola; 2-0, m.34, Sareta; 3-0, m.39, Pao.
Árbitros: Salas Tarí e Juan Martínez. Colexio valenciano. Amonestaron con cartón amarelo a Melli do UA Alacante.
Incidencias: Partido correspondente á oitava xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón universitario de Alacante.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
