Lugo, 12 de novembro de 2015.- O secretario xeral dos populares lucenses e coordinador provincial da campaña electoral para as vindeiras eleccións xerais, Jose Manuel Balseiro, valorou este xoves a ampla representación que a Mariña lucense ten na candidatura popular para o Congreso e para o Senado.
“Ata tal punto é así, que estamos en disposición de acadar un feito moi relevante, histórico incluso, a posibilidade de que dous deputados populares da Mariña estean no Congreso que saía das urnas o 20 de decembro”.
CONGRESO E SENADO
Ao actual deputado Jaime de Olano, que repite como número dous na candidatura ao Congreso, síguelle como número tres a concelleira popular de Foz Mercedes González.
Na candidatura do Senado temos tamén as concelleiras Rocío Blanco Pliego do Valadouro e María del Mar Fraga de Burela, en calidade de suplentes.
“Falamos dunha combinación moi acertada de experiencia e renovación. Na que teñen un peso importante as mulleres da nosa comarca. Son persoas comprometidas coa Mariña, nos seus pobos, e en múltiples iniciativas, sociais e veciñais”.
NON É CASUALIDADE
A ampla representación da nosa comarca na candidatura popular non é “unha casualidade, senón que responde a un compromiso do PP con esta terra” –sinala Balseiro– Unha representación que é acorde co peso específico que A Mariña ten no conxunto da provincia e cos vos resultados acadados polo PP nas últimas eleccións xerais.
“A Mariña é protagonista nunha candidatura que encabezan, Jose Manuel Barreiro (Senado) e Joaquín García Diez (Congreso)”-conclúe o dirixente popular.
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



