O feito de que poidan confluir diversas xeracións nun punto do ciberespazo chamado rede social é unha vantaxa. Con todo, isto pode torcerse nun problema. Se algo nos leva demostrando o comportamento humano é que, onde se reúna un gran número de persoas, este grupo caracterizarase máis pola súa uniformidade que polas singularidades dos individuos que o integren. Na meirande parte dos casos, un grupo achegarase máis a un bloque de xeso maleable que a un conglomerado sen par.
Instagram, rede social propiedade de Facebook, non é a excepción. A aplicación, que conta con 400 millóns de usuarios, contempla a suba de 80 millóns de imaxes ao día. Entre esta oda diaria ao bo gusto pictórico resulta inevitable atopar moita ovella descarriada. Non me refiro a fotografías mal tiradas, senón a imaxes resultado non da propia vontade dunha persoa, senón da vontade que o peso da sociedade lle inculca a un alto porcentaxe de usuarios. Falando en prata: da moda.
Dicía Buñuel que “a moda é a manada” e que “o interesante é facer o que a un lle dea a gana”. Se Instagram puidese inmiscirse na edición desta Comarca, actualmente premería o botón de ‘non me gusta’. Porque o certo é que Instagram é o berce das modas. O usuario medio de Instagram, que se ubica enre os 16 e os 34 anos, sigue as modas que cohabitan nesta rede social. Comparte selfies, fotos no baño, fotos aguantando a torre Eiffel, a de Pisa e o Big Ben (aínda non se coñece usuario que ‘sostivera’ a Torre dos Moreno, cuxa fotografía podería resultar, a efectos prácticos, inclusive máis lóxica), imaxes de bodegóns ou calquera fotografía inspirada nunha xa vista na conta de calquera outro usuario. Así engaden, involuntariamente, un integrante máis á manada da que falaba Buñuel.
Por se faltaba un líder na manada, e para que os usuarios non comezasen a se cuestionar se, no canto de seguidores, o seu papel é o de lacaios, entrou en escea o ‘follow me to’ (‘sígueme a’). Esta fotografía soe mostrar a unha persoa nun lugar paradisiaco, perfectamente engalanada para a ocasión –coma no resto de fotografías incluidas no paraugas semántico do ‘postureo’–, de costas á camara e cun brazo estirado cara o fotógrafo, invitándoo a ir coa súa audiencia a un lugar determinado. Unha proba máis de que o mundo non era coma nolo contaron, senón moito máis turbio.
Para iso están as modas: para anestesiar a sumisión. As modas que vemos a diario reflectidas en Instagram manteñen sosegada a disconformidade cara o sistema que ata un marciano experimentaría con só botar unha ollada ao panorama (ou á Panorama, depende de como se mire). ‘Follow me to’, sígueme a un lugar máxico dentro das fronteiras da nosa imaxinación, porque poñerse a amañar as fornteiras do nosos mundo sensible é demasiado lioso e non nos imos meter onde non os chaman.
Por sorte, sempre hai quen se rebela, sempre hai que vocifera que non está dacordo coas premisas sociais adquiridas para beneficiar os intereses doutros. Sempre hai quen se enorgullece de expresa-la súa propia personalidade no canto de se esforzar por ser coma o do lado. Sempre hai quen, en lugar de empregar as redes sociais coma o escaparate da autoconfianza, deciden empregar os mesmos recursos para protestar contra algo tan endémico como a moda. Porque se mentres hai vida, hai esperanza; mentres haxa Instagram, haberá quen decida seguir o camiño á súa maneira.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



