Alfoz, 1 de novembro de 2015.- Este sábado 31 de outubro proseguiu o programa de Actividades de Outono organizado pola área de Cultura do Concello de Alfoz. Durante a tarde realizáronse actividades para os máis pequenos comezando cun contacontos cunha temática referida ás preocupacións e á superación dos medos a través do conto titulado “FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS”. Tamén se realizou un obradoiro creativo con limpapipas onde ós nenos e nenas fixeron figuriñas propias do Samaín, rematando a xornada compartindo chocolate con biscoito para repoñer forzas.
Tamén este sábado 31 dentro das Actividades de Outono comezaron as xornadas de teatro, coa obra “O CALDEIRO MÁXICO” do Grupo Teatral “O Centiño”, dentro do Circuito Afeccionado Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo, enchendo o salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz.
O vindeiro fin de semana continuarán as Actividades de Outono con máis teatro, desta volta co grupo asturiano San Tirso el Eo, que interpretará a obra “La caza de la extranjera”. Será o sábado 7 de novembro, a partir das 20:00 horas no salón de actas do Centro Sociocultural de Alfoz.