2 de outubro de 2015.- Miguel Méndez, membro do Toxiza Clube de Montaña, participou na Maratón de Nova York.
Certo é que as cidadades non son habitat natural do TCM, pero está claro que nas grandes urbes tamén hai espazo para os grandes retos, cambiaron as altas cumbres polas ruas entre os grandes edificios, conquistaron a cidade dos rañaceos. Miguel Méndez representou este pasado domingo o Toxiza na maratón de Nova York, onde participan por sorteo máis de 50.000 persoas.