O BNG do Vicedo esixe que o Concello colabore coa veciñanza afectada polo procedemento de Regulación Catastral 2013-2016, impulsado polo Ministerio de Facenda, facilitándolle información e asesoramento para alegar contra os posíbeis erros na documentación ou na valoración recollidos na proposta e para reclamar, de ser o caso, a exención ou reducción da taxa nos casos de pequenas modificacións que non representen un significativo incremento do valor catastral do inmoble ou parcela regularizada.
Segundo os nacionalistas, o concello do Vicedo, debería asesorar ás asociacións e á veciñanza do municipio para que non se viran nos problemas económicos que lles pode supor o descoñecemento das leis tributarias, xa que si os servizos xurídicos do concello do Vicedo tiveran informado á directiva da asociación de veciños do Folgueiro, esta non se vería na situación de deber os miles de euros a que o catastro lle reclama, xa que a lei 49/2002, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ó mecenado, di no seu artigo 15, “Estarán exentos del Impuesto sobre Bienes Inmuebles los bienes de los que sean titulares, en los términos previstos en la normativa reguladora de las Haciendas Locales, las entidades sin fines lucrativos”.
Adrián Piñón Domínguez, voceiro municipal do BNG do Vicedo, manifestou ó respecto que “a inutilidade do goberno local do PP, que sempre agarda a que os veciños estean coa auga á gorxa para actuar, cando de facer o traballo para o que lle pagamos a veciñanza, esta situación nunca tería sucedido”.
Dende o BNG do Vicedo, tamén chaman a atención, sobre o anuncio do alcalde sobre a baixada do tipo do IBI no concello, argumentando que isto é unha cortina de fume ante a inoperancia do goberno local á hora de resolver os problemas do día a día. Así mesmo os nacionalistas vicedenses anunciaron a presentación dunha moción sobre o catastrazo do PP e incidiron en que pedirán a modificación da ordenanza municipal sobre o IBI para que inclúa con claridade a exención deste imposto para as asociacións sen fins lucrativos do concello.

















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



