Barreiros, 30 de novembro de 2015. O BNG de Barreiros vén de rexistrar este luns un escrito no Concello de Barreiros solicitando a convocatoria dun pleno extraordinario a consecuencia dos últimos acontecementos coñecidos sobre a petición da Fiscalía a a inminente apertura de xuízo oral para o Alcalde e os outros dous membros da Xunta de Goberno, acusados dun presunto delicto de prevaricación urbanística continuada pola concesión de 45 licenzas en contra dos criterios legais.
Segundo a formación nacionalista, “é o mínimo democrático que podemos esixir dunhas persoas que foron elixidas hai seis meses e que se están enfrontando a unha petición tan seria. Non se trata dun mero problema administrativo na tramitación dun expediente, senón de ignorar os criterios legais na concesión continuada de licenzas de obra para 45 expedientes.”
“Estamos ante un deses casos que noutros lugares do Estado deron pé a auténticos supostos de corrupción e as veciñas e veciños de Barreiros teñen o dereito de coñecer no lugar onde procede, que é o pleno municipal, as explicacións oportunas”, afirman.
Segundo explicou a portavoz do BNG, Ana Ermida, a súa formación pretende que quen, de momento, ten responsabilidade de goberno explique diante da veciñanza en que situación queda a corporación municipal, “pois o anuncio feito polo Alcalde da solicitude de baixa como militantes do PP non é máis ca un xeito de intentar non perxudicar ao partido, como el mesmo dixo, pero sen importarlle os perxuízos que poida causarlle ao Concello de Barreiros. Non deben esquecer estas tres persoas que foron elixidas nunhas listas dunha formación política concreta e que, se a abandonan, pasan a ser non adscritos, xa que abandonan a disciplina partidaria e o sistema electoral español é un sistema no que se elixe ao partido, non á persoa”, explica.
Por iso, desde o BNG sinalan tamén que “terá que explicar o PP que vai facer. Se as tres persoas que lle quedan na corporación van seguir apoiando e mantendo unha xunta de goberno baixo as súas siglas que, en realidade xa non os representa e se dan por ben feita a actuación destas tres persoas actualmente á fronte do goberno barreirense”.
“Estas persoas non están lexitimadas para seguir representando ás veciñas e aos veciños. Se non valen para representar ao PP, non debe permitírselles que representen a Barreiros”, afirma Ana Ermida.
Explicacións das consecuencias que pode ter para Barreiros
Na solicitude de pleno que vén de rexistrar o BNG, propón como primeiro punto da orde do día a comparecencia da actual Xunta de Goberno Local para dar todas as explicacións que sexan solicitadas polos grupos municipais a respecto non só da nova conformación da corporación “que pasaría a estar composta por 4 persoas do BNG, 3 do PP, 3 non adscritos e 1 concelleira do PSOE” e da situación na que quedaría esa Xunta de Goberno se seguen mantendo os seus cargos; senón tamén cal é a actual situación económica do Concello no relativo ao traballo de elaboración dos orzamentos municipais e dos gastos contemplados como asistencia xurídica. “Porque non podemos esquecer”, explican desde o BNG, “que só neste ano 2015 o PP aprobou máis de 65.000€ para gastos de representación en xuízos que debemos saber a que se destinan e canto gasto máis se pode estimar”. Ademais, “os responsables municipais deben ter unha estimación do que pode supoñer esta nova situación para o Concello a todos os niveis, tanto legal como economicamente, se poden producirse reclamacións económicas por parte de promotores das obras ou propietarios de pisos desas construccións que están en entredito”, expoñen os nacionalistas.
A totalidade do pleno terá que posicionarse sobre a reprobación da Xunta de Goberno
Unha vez escoitadas as explicacións que os diferentes grupos municipais poidan requirir da Xunta de Goberno, someterase a debate unha moción na que o grupo nacionalista insta ao pleno municipal a “reprobar a actual Xunta de Goberno Local de Barreiros, composta polos acusados de prevaricación urbanística continuada pola concesión de 45 licenzas urbanísticas Alfonso Fuente Parga, José Manuel Gómez Puente e Lorenzo Penabad Bolaño; trasladando publicamente a falta de apoio por parte dos grupos municipais existentes na corporación de Barreiros para seguir manténdose como concelleiros de goberno e únicos membros da Xunta de Goberno Local.”
“Non entendemos que estas tres persoas que conforman o órgano de goberno deste concello non teñan confianza para seguir vinculados ao partido que representaban inicialmente, pero que ese mesmo partido poida seguir confiando neles para mantelos como gobernantes das veciñas e veciños”, explica Ana Ermida.
Ademais, desde o BNG sinalan que “a situación na que pode quedar Barreiros é absolutamente excepcional e pode ter consecuencias graves para o Concello”, polo que piden tamén o posicionamento de todas as concelleiras e concelleiros barreirenses sobre a “complexidade que pode existir para a gobernabilidade municipal e a asunción de responsabilidades por parte de quen decida permitir a continuidade desta situación.”
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



