Burela, 17 de novembro de 2015. A Concellaría de Servizos Sociais convoca o IX Concurso de Microrrelatos 25 de novembro: día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Establécense dúas categorías: menores e maiores de 18 anos e dous premios: 75 e 150 euros. O prazo de recepción de traballos remata o 20 de novembro.
As bases para poder participar son as seguintes:
1.- Establécense dúas categorías para os participantes.
1ª.- Menores de 18 anos.
2ª.- De 18 anos en diante.
2.- A temática dos microrrelatos deberá axustarse ao lema proposto.
3.- Os traballos presentaranse en tamaño A4, cunha extensión máxima de medio folio, preferiblemente en Times New Roman tamaño 12, en lingua galega segundo a normativa vixente.
4.- Todos os traballos que se presenten serán inéditos e non presentados en anteriores concursos.
5.- Os criterios de valoración para elixir os microrrelatos premiados serán o contido e tratamento do tema, orixinalidade, expresión e presentación en xeral.
6.- Os orixinais presentados quedarán en poder do CIM do Concello de Burela, que se reserva o dereito da súa publicación, exposición, doazón… ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro.
7.- Dos microrrelatos presentados, un xurado composto por persoas do mundo da cultura e das letras, do Concello e do CIM decidirá cales son as dúas persoas gañadoras. Os premios consistirán en :
– 75€, na categoría de menores de 18 anos.
– 150€, na categoría de maiores de 180 anos.
8.- Os microrrelatos, asinados cun pseudónimo, deberán entregarse antes do día 20 de novembro no CIM do Concello de Burela, R/ Eijo Garay, 20. Deberán ir nun sobre ao que se adxuntará outro pechado no que figurarán os datos da persoa autora do microrrelato.
9.- Os premios daranse a coñecer no acto público que para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero terá lugar o 25 de novembro no Auditorio da Casa da Cultura. Os gañadores deberán de estar presentes no acto de entrega dos premios.
10.- A participación neste concurso supón a aceptación de todas as súas bases.