Santiago, 18 de novembro de 2015.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, Agustín Baamonde, afirmou hoxe que o proxecto de Lei do Patrimonio Cultura de Galicia “representa unha oportunidade para poñer en valor algo que, xunto co territorio e a lingua, é esencial para a identidade de Galicia”. Neste sentido, demandou “altura de miras” aos grupos da oposición na tramitación parlamentaria deste novo texto lexislativo, para “entre todos facer unha lei de patrimonio sostible e capaz de perdurar no tempo”.
Logo da xuntanza celebrada esta maña polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, con representantes de todos os grupos parlamentarios para explicar o proxecto de Lei do Patrimonio Cultural, Agustín Baamonde considerou esta reunión como “interesante, oportuna e acaída, xa que esta norma é unha demanda social fortemente sentida”. Neste sentido, lembrou que o propio presidente do Consello da Cultura reivindicou na súa recente comparecencia parlamentaria sobre os orzamentos para 2016 a necesidade da posta en marcha desta Lei do Patrimonio Cultural.
Baamonde manifestou que existen “unhas expectativas amplas” sobre esta nova lei, o que constitúe unha “obriga á que tanto os grupos parlamentarios como a propia consellería temos que dar resposta”. “O obxectivo é facer unha lei que represente non un retraemento dos cidadáns cara ao patrimonio cultural, senón unha oportunidade para poñer en valor algo que, xunto co territorio e a lingua, é esencial para a identidade de Galicia”, apuntou.
XESTIÓN MÁIS EFICAZ E ÁXIL
O portavoz popular explicou que coa nova lei “non se diminúe para nada a protección existente, xa que se mantén o carácter xeral do artigo 1 da antiga norma para deixar claro que a protección non se diminúe, senón que se trata de avanzar cara un modelo de xestión máis eficaz e máis áxil incorporando aportacións importantes, como a participación que se da aos concellos”.
Así mesmo, Agustín Baamonde considerou importante as medidas incorporadas na nova lei referidas ao financiamento, como novas liñas de subvencións autonómicas, a posibilidade de beneficios fiscais para os bens de interese cultural ou a regulación da figura do patrocinio cultural.
Baamonde manifestou que “tanto a Xunta de Galicia como o Grupo Popular serán flexibles para a aceptación de suxerencias, porque o proxecto é mellorable e coa aportación de todos podemos facer unha lei de patrimonio sostible e capaz de perdurar no tempo.















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



