Santiago, 18 de novembro de 2015.- O Grupo Popular apoiou este mércores na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia a adopción dun acordo unánime a través do que se insta á modificación dos regulamentos europeos para mellorar a etiquetaxe dos produtos da pesca e do marisqueo de orixe galega.
O portavoz do Mar, José Manuel Balseiro, defendeu que a normativa sobre etiquetaxe “debe ser o máis simple e fácil de interpretar que sexa posible” e lembrou que os actuais regulamentos comunitarios (que empregan ás denominacións xenéricas sobre as zona de captura da FAO) provocan no consumidor un nivel de desinformación maior, ata o punto de mesturar augas de distintos estados membros.
Balseiro asegurou que tanto o PPdeG como a Xunta “sempre defenderán a diferenciación dos produtos galegos, tanto durante o proceso de captura e transformación como durante a comercialización”. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego impulsou un Regulamento autonómico sobre etiquetaxe dos produtos galegos e impulsa a etiqueta PescaDeRias ¿de onde se non?, que identifica a pesca fresca galega e está vixiante nos mercados para garantir a orixe galega do produto etiquetado como tal.
ACORDO PESQUEIRO CON PORTUGAL
Por outra banda, en relación cunha iniciativa do BNG, Balseiro defendeu que Xunta e Ministerio traballan no novo acordo de pesca con Portugal (que debe entrar en vigor o ano próximo, tras o remate do actual) co obxectivo de garantir un marco igualitario nas condicións de actividade de ambas flotas, en particular que os barcos lusos cumpran co descanso semanal obrigatorio.
Os deputados populares non apoiaron a iniciativa nacionalista porque sobre esta cuestión xa existe un acordo unánime de todas as forzas políticas parlamentarias, plenamente vixente, e que a propia Xunta defende en todas as reunións relativas á negociación deste novo convenio bilateral.
Balseiro dixo que “o BNG pretende facer crer que o Goberno galego estivo de brazos cruzados, cando a realidade é outra e a igualdade de condicións entre flotas é unha das demandas que con maior intensidade defenden, tanto a Xunta como Ministerio, nas reunións preparatorias que convoca a Secretaría General de Pesca e nas xuntas da Comisión bilateral de seguimento deste acordo, que se celebran periodicamente en Lisboa”.
















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



