Ribadeo, 12 de novembro de 2015.- O Partido Popular interpelará ao Goberno galego no Parlamento de Galicia sobre a residencia de Ribadeo. O Grupo Municipal pediu aos deputados da Mariña, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra que presentasen unha iniciativa, xa rexistrada, para interesarse sobre esta cuestión.
“Cremos que as veciñas e os veciños merecen coñecer de primeira man, a través dunha resposta en sede parlamentaria, os datos que demostran o bloqueo á colaboración da Xunta que o alcalde mantén desde fai quince meses”.
RETARON AO ALCALDE
Os populares lembran que retaron ao alcalde a facer pública toda a documentación e incluso a solicitaron por vía oficial a través do rexistro do Concello, sen éxito, ata o de agora.
“Seguimos reclamando que o nacionalista Suárez Barcia dea a coñecer aos veciños a proposta de convenio de colaboración que a Xunta lle remitiu en agosto do ano pasado. Seguimos reclamando que dean a coñecer aos veciños as respostas incompletas remitidas polo Concello, que probarán que leva 15 meses sen remitir os documentos solicitados pola Xunta”.
QUINCE MESES DE ESPERA
O PP di que o goberno do BNG, non teñen dereito a impedir a colaboración da Xunta de Galicia para a construción da residencia de Ribadeo e lembran que desde a administración autonómica se presentaron dúas ofertas para axudar neste proxecto: a posibilidade de concertar 40 das 47 futuras prazas e, cando esta foi rexeitada polo alcalde, a posibilidade de achegar 500.000 euros para axudar á financiación das obras.
“Para facer realidade esta axuda o Goberno ten que cumprir a lei, e a lei esixe que o Concello presente diversa documentación e, entre elas un informe de viabilidade. Este informe dirá cómo se xestionará e financiará a futura residencia, e parece ser que agochar a resposta a estas preguntas é o único obxectivo do alcalde, que segue bloqueando a colaboración da Xunta”.
RECUPERAR CONSENSOS
Por outra banda, os populares concordan e agradecen a postura seguida por Ciudadanos, cando hoxe –a través do medios de comunicación- fai públicas as dúbidas que existen sobre o modo que o alcalde financiará a construción da residencia.
“É unha postura lóxica formular esta pregunta vendo como o alcalde nega a axuda da Xunta”.
Desde o PP insisten en que queren que a residencia poida ser unha realidade e por iso fan un chamamento para recuperar o consenso. Estarían incluso dispostos a sumarse á Comisión pro-residencia para o que é necesario que se cumpran dúas condicións: “Que se cumpra a lei e, polo tanto, que o Concello remita os informes, e que non se siga defendendo a un alcalde que cos seus actos de bloqueo pon en perigo a financiación da residencia”.


















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



