Burela, a 12 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular no concello de Burela, a través dos concelleiros José Casas e Mar Fraga, estivo presente este xoves na visita organizada pola empresa concesionaria do servicio de limpeza portuaria, á que asistiu o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.
O GMP está seguro de que “a limpeza portuaria vai mellorar sensiblemente, ou alomenos eso agardamos. Tamén aproveitamos para comentar co Presidente de Portos cuestións vinculadas co propio espacio portuario, como reposición de pantaláns, etc”.
Os dous edís populares quedaron “sorprendidos de que non asistise o alcalde a este acto, xa que resulta que é a primeira vez que o Prsidente de Portos de Galicia vén a Burela despóis das eleccións municipáis. Máis sorprendente é ainda a ausencia do alcalde, cando hai uns días que salía nos medios informativos decindo que tiña que falar con Portos por unha serie de asuntos. E resulta que cando tén oportunidade de falar, non aparece, e polo tanto perde unha oportunidade que outros non perderían”.
Para o GMP, “isto é mostra da cobardía política do alcalde, que escorre as súas responsabilidades. Non queremos ser mal pensados, pero moito nos tememos que este home, o alcalde, ainda non tén solicitada a entrevista co presidente de Portos de Galicia, en contra do que dixo na prensa, o que demostrarái ben ás claras a forma de ser deste alcalde que fala moito na prensa, e logo cando hai oportunidade de falar, desaparece”.
Por iso, afirman desde o GMP, que “tampouco nos sorprendeu que a concelleira do Mar non abrira a boca, o que é unha proba do absoluto descoñecemento dos asuntos importantes para o porto e da ausencia de interese para coñecelos; e non deben esquecer que o porto é o motor económico do noso concello e que desde o minuto un do actual goberno local debería centrar a súa preocupación. Hoxe puidemos comprobar que esa preocupación é sólo unha realidade virtual que se emprega nos medios informativos e logo desaparece”.
Finalmente, desde o GMP advirten que “os veciños de Burela deben saber que este tipo de comportamentos do alcalde serán habituais durante este mandato municipal, o que vai ser negativo para o Concello”.


















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



