O Valadouro (Lugo), 2 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou este luns a Mariña central lucense para celebrar o cen aniversario de Efigenia Rey Ben, veciña do Valadouro. Alí, o responsable da carteira social asegurou que o envellecemento activo é un dos piares da Consellería que conta cunha planificación de futuro para evitar situacións de dependencia non desexadas a través da prevención.
Nesta liña, o conselleiro subliñou a importancia dunha estratexia de prevención da dependencia que guía “boa parte das nosas accións co obxectivo de reducir a distancia entre a esperanza de vida e a esperanza de vida libre de dependencia”. Precisamente, para o fomento do envellecemento activo e da autonomía dos maiores, Galicia conta cun Plan rexional de Persoas Maiores 2010-2013, horizonte 2015, cuxa actualización e renovación será aprobada proximamente no Consello da Xunta.
Efigenia, veciña do Valadouro, é usuaria dun dos programas promovidos pola Consellería de Política Social: Xantar na Casa. Rey Varela resaltou a importancia desta iniciativa que ”mellora a calidade de vida de moitas persoas maiores ou dependentes e tamén das súas familias, manténdoas no seu contorno familiar e comunitario e retardando ou evitando a institucionalización”.
En canto ao funcionamento do programa, que beneficia a maiores de 60 anos, os usuarios reciben un día a semana a visita do repartidor que lles entrega os xantares para os seguinte sete días envasados en barquetas individuais termoseladas. Os menús, completos e equilibrados, inclúen primeiro prato, segundo prato e sobremesa e se adaptan ás necesidades das persoas beneficiarias.
O prezo de cada menú é de 6,99 euros. No seu financiamento participa a Xunta de Galicia, que achega 3,25 euros de cada menú a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; o concello no que se presta o servizo, que achega 1,87 euros; e a persoa beneficiaria, que aportará os restantes 1,87 euros.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



