Non era intención do alcalde de Foz traer a pleno a revisión da taxa do IBI, polo tanto estaría a subir para o vindeiro ano un 12%. Se isto fose así tivo todo o ano para facelo. Por qué o trae a un pleno extraordinario no mes de novembro sen tempo real para que sexa discutido e aprobado? Por qué solicita un único informe a intervención de revisión o 0,54 e non solicita outro do 0,40 como foi aprobado xa en pleno no mes de decembro do 2014 e volto a aprobar o 3 de novembro actual? Por qué o PP vai presentar alegacións o acordo plenario para que se leve a cabo unha revisión do IBI o 0,40? Moitas preguntas que teñen que respostar os veciños e veciñas de Foz. Pero a verdade é que a única intención do PP era subir o IBI un 12% no vindeiro ano. E agora que fagan toda a “demagoxia” que queiran, que nos conten todas as “milongas” que se lles ocorra, pero esta é a única realidade.
O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro” por un lado mostramos a nosa satisfacción de ser partícipes de conseguir que neste último pleno extraordinario celebrado este mércores, os veciños e veciñas do noso concello, vaian pagar menos de contribución urbana para o ano 2016.Pero por outro lado mostramos o noso malestar e sorpresa porque tanto o PP como o BNG xa manifestaron a súa intención de presentar alegacións contra este acordo plenario e impedir que os veciños poidan ter esta rebaixa no vindeiro ano, o que vai provocar que os nosos veciños e veciñas sufran un incremento do 12% nos seus recibos para o vindeiro ano.
Despois de varios anos de subida nos recibos da contribución urbana do noso Concello,concretamente dende o 2012 ata o 2015 onde a contribución urbana no noso Concello subiu un 49,9%, o cal nos parece unha barbaridade, nos facemos unha pregunta, ¿Habería no noso Concello a algunha persoa que o seu soldo lle subira este tanto por cen durante estes catro anos?, FPF estamos seguros que non, e sen embargo o IBI subiu porque o alcalde do noso concello decidiu que subira, nin mais nin menos.
Neste pasado pleno a proposta que trae o alcalde e o seu equipo de goberno non é outra que non aplicar a suba do 12% nos próximos recibos da contribución urbana para o ano 2016 efectivamente, pero si unha suba do 2%.
Despois de ver os distintos informes de intervención que se nos aporta para este pleno podemos comprobar como no Concello de Foz a día de hoxe temos un remanente de tesourería considerable, así como, as existencias de tesourería, non existen créditos ,e di claramente ese informe, que non existiría un problema salientable co volume de recursos xerados polo concello.Neste informe tamén se nos di que os ingresos para o ano 2016 con esta suba ven dando como resultado mais ou menos os mesmos ingresos que no ano 2015.
Entendemos que esta proposta que trae o alcalde e o seu grupo municipal a este pleno é unha proposta deseñada á medida do propio Alcalde , e non é unha proposta pensada nos veciños propiamente, votamos en falta que viñeran outros informes con exemplos doutras posibles reducións na taxa para saber con exactitude canto se iba a recadar, de todas formas FPF fixemos as nosas contas e entendemos, que despois de catro anos dunhas subidas moi esaxeradas que non se axustan á realidade do que subiu a vida, é momento de dar un paso adiante e intentar darlles ós nosos veciños un respiro no tema da contribución urbana.
É certo que entendemos que os valores da contribución os había que actualizar, xa que non era normal estar cos do ano 87, pero hai distintas formas de facelo e podería ser dunha forma progresiva, sen embargo non foi así e os veciños e veciñas do noso concello o tivemos que sufrir durante estes catro anos, a maiores dunha importante falta de información de porque sucedía todo isto.
Entendemos que todo isto o deberíamos poder estudiar e traballar con mais tempo, pero precisamente pola desidia do noso alcalde, tempo é o que non temos, para poder cumprir cos prazos que marca a lei para que entre en vigor e sexa efectivo o que temos que resolver neste mércores.
FPF analizando os datos dos que dispomos, entendemos que debemos e podemos baixar o tipo de gravame do Imposto de Bens Inmobles de natureza urbana non ó 0,54 que propón o alcalde senón ó 0,40 como foi aprobado cos votos favorables de PSOE e FPF na última sesión plenaria celebrada no concello de Foz. Si aplicamos o tipo de gravame do 0,40, o concello de Foz virá a recadar no ano 2016 mais ou menos 1.800.000 € soamente da contribución de bens urbanos o que sería igual que o que recadou no ano 2013.Entendemos que con esta proposta o concello de Foz non vai a sufrir ningún problema económico ó que temos que engadir que aínda están sen facer os presupostos do ano 2016 e se poden axustar perfectamente os ingresos cos gastos.
Por todo o anteriormente exposto FPF votou a favor da baixada do tipo de gravame sobre os bens de natureza urbana ó 0,40 % para que os veciños do noso concello no vindeiro ano 2016 paguen menos que neste ano 2015 nos seus recibos, pero tamén entendemos que durante o ano 2016 a corporación debemos traballar en axustar os valores da contribución á súa realidade e si houbera que subir este imposto chegar a un acordo para facelo progresivamente sen afogar os nosos veciños.
Esta foi a proposta aprobada en pleno cos votos favorables de PSOE e FPF ,a abstención do BNG,e os votos en contra do PP.Si todo fose polas canles normais, esta moción entraría en vigor para o vindeiro ano 2016 e os nosos veciños e veciñas notarían nos seus recibos que ían pagar menos que no 2015, pero todo parece indicar que tanto o PP como o BNG, como manifestaron no pleno van presentar unha serie de alegacións a este acordo adoptado, o que vai supoñer un retraso na tramitación do expediente e impedir que os nosos veciños paguen menos de contribución no vindeiro ano 2016.
Polo tanto si a contribución para o ano 2016 volve a subir un 12% será culpa do PP e do BNG de Foz.
Dende “Foz, Plataforma de Futuro” seguimos cumprindo os nosos compromisos electorais que non eran outros que sempre apoiar aquelas propostas que mais beneficiosas foran para os nosos veciños e veciñas, e así o seguiremos facendo.


















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



