Ás veces, o que temos máis perto é o que menos coñecemos… Este sábado 7 de novembro propoñen dende a Librería Bahía unha xornada para descubrir… morcegos e covas. Por unha banda, as 12.00 horas presentarase o libro do biólogo Roberto X. Hermida, El dilema de Spalanzzani y otras historias curiosas de murciélagos, coa compañía da profesora Teresa Nécega. Posteriormente, Gonzalo Villarmea ofrecerá unha charla – proxección sobre as Covas do Rei Cintolo. Pola tarde, está prevista unha visita guiada ás Covas do Rei Cintolo. As actividades da mañá son gratuitas e libres. Pero, para a visita da tarde é necesario reservar praza na propia Librería Bahía -xa que son limitadas- por un prezo de 15 euros.
Xornada sobre morcegos e covas na Librería Bahía
Xornada sobre morcegos e covas na Librería Bahía
Relacionado
-
A Deputación informa que todos os prazos administrativos se amplían en dous días como consecuencia do apagamento eléctrico rexistrado en España o pasado 28 de abril, que deixou fóra de servizo a Sede Electrónica da institución provincial os días 28 e 29
-
A tenda de roupa e calzado infantil, xuvenil e de muller Mimimó abriu un establecemento en Ribadeo, concretamente na rúa Rodríguez Murias, número 5, e integrouse en Acisa
-
A Deputación destaca o éxito da última edición do FIV de Vilalba, que reuniu a máis de 6.000 persoas durante toda a fin de semana