Viveiro, 22 de decembro de 2015.- A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, recibiu de mans de Luis Morón Soto, xerente na Zona Norte de Viaqua, a doazón de xoguetes que a empresa realizou ao Concello de Viveiro para axudar a que, neste Nadal, ningún neno quede sen o seu agasallo. A empresa concesionaria do servizo municipal de auga entregou mais de 30 xoguetes destinados a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 15 anos; unha parte destes regalos serán entregados aos nenos e nenas usuarios de servizos sociais e a outra parte serán repartidos a través da campaña de xoguetes organizada polo Concello de Viveiro, en colaboración con Cáritas, na que participan distintas entidades.
A alcaldesa de Viveiro recibe unha doazón de xoguetes por parte da empresa Viaqua