Ribadeo, 29 de decembro de 2015. A asociación Amadores da Música organiza para este domingo, 3 de xaneiro, un concerto solidario da Banda Municipal de Ribadeo a través do que se recadarán fondos para a Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense (A Mariña-Cogami), concretamente para as que teñen mobilidade reducida. O espectáculo comezará ás 20 horas no Cine Teatro ribadense. O prezo da entrada, establecido polo colectivo destinatario, será de cinco euros.
O presidente de Amadores da Música, José Luis Pulpeiro, explicou que “a Asociación Amadores da Música, que xestiona a Banda Municipal de Ribadeo, vén ofrecendo estes dous últimos anos uns concertos solidarios con motivo de recadar fondos, na medida do posible, para esas asociacións que, sen ánimo de lucro, favorecen o día a día das persoas con algún tipo de problema. Dada a cantidade de situacións que se presentan na vida cotiá ante numerosas temáticas relacionadas coas necesidades e preocupacións, preguntámonos uns aos outros: ¿que podemos facer?, ¿como podemos cambiar algo a realidade?, ¿como tender a man cando hai outro que o está necesitando? En definitiva, ¿como podemos axudar?”.
Pulpeiro engadiu que “no noso caso estaba cantado que a nosa participación sería facer aquilo que mellor sabemos: música a través da nosa Banda. Como algúns recordarán, o concerto solidario do ano pasado foi a favor da loita contra o cancro infantil a través da súa delegación na provincia de Lugo, na que está incluída Ribadeo. Este ano dedícaselle ás persoas con mobilidade reducida a través da Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense-Cogami. Seguramente alguén se estará preguntando por que se escolleron estas asociacións e non outras. A resposta é sinxela: por ningún motivo en particular. Son tantas as asociacións, en definitiva persoas, que necesitan axuda, que se fai imposible satisfacer tanta demanda e por iso foron escollidas ao chou.
Réstame pedir a colaboración de todos e todas para que o próximo domingo día 3 acudan a este concerto que se vai celebrar no teatro ás 8 da tarde”.
Haberá ademais unha fila cero para todas aquelas persoas que queiran colaborar, pero non poidan asistir ao concerto. Os donativos poden realizarse no número de conta de Abanca ES65-2080-0140-1130-4001-5012.
A presidenta da Asociación de Persoas con Discapacidade de A Mariña-Cogami, Emma Camaño, explicou que “a entidade está declarada de Utilidade Pública e por tanto os donativos pódense declarar, xa que desgravan”.
Amadores da Música aproveita a ocasión para transmitir “os nosos mellores desexos neste Nadal e un ano 2016 cheo de esperanza e realizacións”.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



