Lugo, 12 de decembro de 2015.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co representante de Egovarros e da Federación Galega de triatlón e organizador da proba, Paco Rodríguez, así coma cos represtantes de UNICEF Chus Maseda, de ACIA Barreiros Xesús Seivane e José Carlos Díaz colaborador da organización da proba, participaron este sábado pola maña na presentación da Carreira Popular de Reis de Barreiros de 2.016, levada a cabo no campo de fútbol Cascabeiro e na Lagoa dos Patos de Barreiros.
Esta nova edición terá lugar o vendeiro 3 de xaneiro e o escenario da saída e da chegada será o campo de Fútbol Cascabeiro. A partires das 11:00 comezarán as probas infantís, para as 11:45 dar a saída da categoría adulta que percorrerá a través da xeografía Mariñá 12.000 metros. Dende a categoría pitufo até a categoría cadete a participación será de balde, a partires desta categoría as inscricións teñen un custe de 6 euros, que irá a parar íntegramente a entidade UNICEF, neste senso o responsable de Deporte da Deputación salientou que “logo de recuperar a proba no 2015, conséguese dar un novo impulso e facer que este evento deportivo e de lecer sexa tamén un acto solidario”, Veiga concluíu que “desde a Deputación apostamos por este tipo de iniciativas deportivas populares que abranguen desde os máis novos até os adultos sen límite de idade, axudando a democratizar o deporte e logrando que sexa accesible a toda a cidadanía”.
Limite de inscricións
A data límite de inscrición será o vindeiro 29 de decembro de 2015, e os participantes poderán recoller os seus dorsais o propio día da proba entre as 09:30 e até as 10:30, así mesmo e de forma opcional a organización ofrece a posibilidade de apuntarse a comida que terá un prezo de 5 euros para os menores de 12 anos e de 10 euros para os adultos participantes. As inscricións, encargos e a consulta de máis información poden levarse a cabo a través da páxina web carreirapopulardereis.jimdo.com






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
