Burela, 22 de decembro de 2015. O Consulado de Cabo Verde en Madrid continuará a vindeira fin de semana coa elaboración do censo electoral dos veciños e veciñas caboverdianos residentes en Burela de cara ás eleccións xerais e presidenciais de 2016. Con esta nova visita a Burela completarase o rexistro dos que estaban pendentes logo da primeira fase do censo, realizada a principios de decembro. Así o anunciou a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez.
O traballo realizarase este sábado, 26 de decembro, pola tarde e o domingo 27 entre as 11 a 21 horas no Centro Ocupacional. Con este censo electoral o goberno de Cabo Verde actualiza os datos dos seus cidadáns no exterior para que podan participar nas eleccións do ano que vén.