Burela, 16 de decembro de 2015.- A Mancomunidade de Municipios da Mariña vai coordinar a partir de xaneiro, xunto a outras entidades, as labores para frear e erradicar a presenza de avespa asiática na comarca, que xa está causando importantes danos na produción dos apicultores, tal e como salientou Alfredo Llano.
O presidente da Mancomunidade subliñou que “hai moita preocupación, sobre todo nos produtores de mel, que vén que ano que pasa, ano que baixa a produción. Así que a nosa iniciativa vai ir co obxectivo claro que eliminar a importancia destas avespas asiáticas, para evitar que sigan facendo dano. Imos poñernos á labor e dentro das nosas responsabilidades e imos insistirlle a quen corresponda para tomar unha decisión conxunta e ben coordinada para ir pouco a pouco eliminando isto que nos pode traer consecuencias moi graves tanto na comarca da Mariña como noutros sitios”.
Este asunto abordouse no pleno da Mancomunidade celebrado o pasado luns: “o outro día falaban no Valadouro, que alí está afectando moitísimo, como tamén noutros lugares. Así que collémolo como un problema de responsabilidade conxunta e así o imos tratar. Esperamos que a partir do mes de xaneiro poidamos ir coordinando labores con determinadas institucións e organismos, como Tragsa, os bombeiros, Protección Civil, a comunidade científica, para eliminar e reducir a importancia desta avespa na nosa comarca”.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



