16 de decembro de 2015.- A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o asesor da Executiva do SLG, Xosé Ramón Cendá, ofreceron unha rolda de prensa este mércores, 16 de decembro, para transmitir a posición desta organización sindical respecto ao contrato homologado do leite que está a defender o Ministerio de Agricultura e desmentir un suposto consenso na xuntanza da Interprofesional Láctea (INLAC), que se celebrou onte en Madrid. E é que, tanto a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) a nivel estatal, coma o SLG a nivel galego, nos opuxemos a un modelo de contrato que en pouco cambiou con outras propostas anteriores e que segue a dar todo o poder ás industrias en detrimento dos gandeiros e das gandeiras. Vexámolo:
1. O prezo poderá seguir sendo imposto unilateralmente polas industrias, tal e como acontece agora. O novo contrato permite que o prezo poida ser fixo, variable ou optar por unha fórmula mixta, pero non contempla ningunha referencia nin índice a partir do cal construír ese prezo, polo que seguirán sendo as industrias as que o impoñan ao seu antollo.
2. Non haberá un leite tipo nin baremos obxectivos para fixar os parámetros e calidades do leite. Até o de agora, había un certo consenso en cales eran as calidades e parámetros tipo en graxa, proteína, punto crioscópico…, aceptadas por todo o sector, coa experiencia de anos do Laboratorio Interprofesional Galego do Leite (Ligal). Mais, ultimamente, algunhas empresas empregaban parámetros de calidade fixados de xeito arbitrario para baixar os prezos ou mesmo deixar de recoller o leite. Con este contrato consolídase que as industrias podan esixir as calidades que consideren, de maneira que as granxas estarán aínda máis sometidas ao seu arbitrio, e as industrias poderán deixar de recollerlles o leite cando queiran coa escusa das calidades que elas marquen unilateralmente. No Anexo I a Industria poderá fixar as calidades e parámetros que considere, así como os volumes; e no artigo 3.2. dise que o receptor rexeitará o leite que incumpra “especificacións técnicas pactadas, no seu caso, sen que o subministrador teña dereito a indemnización ningunha”.
3. Os gandeiros e gandeiras deberán asumir funcións que, até o de agora, asumía a Administración. Por exemplo, agora mesmo, cando hai un cambio na cualificación sanitaria da granxa que resulta relevante para o leite producido, a Administración está obrigada a comunicalo. Co novo contrato, serán os gandeiros e gandeiras quen se deban responsabilizar desas comunicacións con carácter inmediato.
4. Pode seguir habendo contratos inferiores a 1 ano: aínda que se propón a duración de 1 ano para o novo contrato, está aberto á posibilidade de que os períodos contractuais poidan ser modificados polas partes. É dicir, que a industria poderá seguir obrigando a gandeiros e gandeiras a asinar contratos dunha duración menor.
Non existe un sistema de mediación específico para os contratos do leite, despois do procedemento de vista previa na INLAC que xa hai hoxe, o contrato só recolle que se deberá optar por dúas opcións, que ademais son excluíntes: unha, someterse aos tribunais ordinarios; e outra, ir a unha arbitraxe sen especificar onde, con que custo ou cales serán as garantías.
Con este contrato, non existe negociación pois o modus operandi da industria é: ou asinas este contrato ou non che recollo o leite; as demais industrias, salvo acordo entre elas, tampouco o recollen, e a única opción é un primeiro comprador cun prezo moi inferior para escarmentar para outra vez.
En definitiva, a intención inicial de facer un contrato-tipo na INLAC que obedecía a fixar parámetros obxectivos de referencia para as industrias e as granxas, vese traizoada por este modelo que nos tentan vender en plena campaña electoral e que non só non mellora a posición dos gandeiros e das gandeiras nas relacións contractuais do sector lácteo, senón que as empeora nalgúns aspectos.
Dende o Sindicato Labrego Galego, non estamos dispostos e dispostas a ser comparsas desta farsa, polo que non vamos apoiar este modelo de contrato que ampara a extorsión descarada que as industrias exercen sobre os gandeiros e as gandeiras impoñendo unilateralmente prezos, calidades, duración e condicións tal e como fixeron sempre. Se o Ministerio de Agricultura quere vender este contrato antes das Eleccións Xerais, entón que o presente nos espazos de propaganda electoral, pero que non intente enganar á cidadanía e ao sector lácteo cun acordo que non existe.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



