Lugo, 23 de decembro de 2015.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto con Mgiuel Fernández, concelleiro de deporte do Concello de Lugo e José Luís Cabanas, secretario da Peña de Árbitros 9´15, presentaron na mañá deste mércores no Salón de Actos da Deputación de Lugo o VIII Torneo Nacional de Fútbol 7 Peña de Árbitros 9´15, actividade que reunirá en Lugo esta fin de semana a 350 colexiados que chegarán de toda Galicia e diversos puntos de Castela e León ou mesmo de Andalucía.
Esta edición conta con 24 equipas chegados de Monforte, Viveiro, A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense e mesmo de Valladolid, O Bierzo Salamanca e Sevilla. O venres 25 realizarán unha cea de benvida, pasando a competir xá o sábado, no campo de Fútbol de O Polvorín desde as nove da mañá. Finalmente o domingo 27, a partires das 10:30 terán lugar as fases finais e posteriormente a entrega de trofeos aos participantes.
O Vicepresidente Provincial destacou a “enorme entrega que poñen tódolos membros da Peña de Árbitros 9´15 para facer desta unha actividade xa consolidada na provincia e que por riba da propia competición resaltan o fomento doutros valores coma o compañeirismo e o ambiente lúdico que preside en todo momento as actividades” ,así mesmo Delegado de Deporte manifestou que “desde a área de Deporte continuaremos co apoio a aquelas actividades que coma este Torneo implican a igualdade, pois participan tanto homes coma mulleres”, finalmente Veiga lembrou e parabenizou “que unha integrante da Peña de Árbitros 9´15, que competirá no torneo, foi a primeira colexiada galega que arbitrou un encontro internacional, trátase de Tania Fente, que recentemente dirixiu o partido do Pre- Europeo Feminino que disputaron Israel e Gales na cidade de Ramat Gan”.
A oitava edición terá un ano máis fins sociais, segundo apuntou o secretario da Peña de Árbitros, José Luís Cabanas, “levarase a cabo xunto co Torneo unha campaña de recollida de alimentos para colaborar co comedor social San Froilán e co Banco de Alimentos, podendo facerse as doazóns no propio campo de fútbol de O Polvorín”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
