Lugo, 23 de decembro de 2015.- O presidente do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Barreiro, dixo que os senadores e deputados electos polo Partido Popular póñense, desde este mesmo momento, ao servizo da provincia na súa condición de representantes directos da cidadanía lucense nas novas Cámaras que, previsiblemente, se constituirán o vindeiro 13 de xaneiro.
7.631 sufraxios máis que nas municipais
Barreiro quixo agradecer o apoio das 85.810 veciñas e veciños da provincia que votaron a candidatura popular, unha cifra que suma 7.631 sufraxios máis que a acadada polo PP nas eleccións locais celebradas fai sete meses, e indicou que darán resposta á confianza recibida traballando pola estabilidade e gobernabilidade de España.
Como dato salientable Barreiro indicou que Lugo é a quinta provincia española con maior porcentaxe de apoio ao Partido Popular, só superada por Ávila, Ourense, e practicamente cos mesmos resultados que Salamanca e Zamora, aínda que estas catro provinciais rexistraron unha baixada en votos máis relevante.
Os populares obtiveron ademais o 42,5% dos sufraxios, un respaldo superior en cinco puntos á media que esta formación política acadou en Galicia e en trece puntos maior que a media estatal.
Barreiro volveu a lembrar que a evolución con respecto ao principal partido da oposición é tamén diverxente, xa que logo, o PP acadou o domingo 7.631 votos máis que nas eleccións locais celebradas fai sete meses, mentres que o PSOE perdeu 17.588 sufraxios
Outro dos datos salientados por Barreiro foi o feito de que o PP de Lugo venceu no 91% dos municipios lucenses, isto é, en 61 dos 67 concellos da nosa provincia. Os populares venceron en moitos deles, a pesar de ter alcaldes doutra cor política incluído o da Pontenova, rexido polo Presidente da Deputación. Situación similar aconteceu en municipios como Monforte, Sarria, Viveiro ou Ribadeo, entre outros.
Comité Executivo Provincial
Barreiro adiantou que o Partido Popular analizará os resultados electorais máis polo miúdo, para o que ten convocado un Comité Executivo Provincial o vindeiro martes –día 29– superadas as datas festivas. Nel estudarán as cifras e os aspectos que podan ser mellorados para incrementar apoios, aplicando unha visión construtiva.
O dirixente popular rematou indicando que a fortaleza do PP de Lugo vén demostrada tamén desde o momento en que acada 18,53 puntos máis que o PSOE, 23,21 puntos máis que a colación En Marea, 34,91 puntos máis que Cidadáns e 38,91 puntos máis que Nós, a marca electoral do BNG, todo isto, nunha provincia na que o PSOE perdeu máis da metade dos seus votos desde 2008.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



