Lugo, 15 de decembro de 2015.- O Vicepresidente e responsable de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou na mañá deste martes no Concello de Lugo na presentación a primeira Copa de Europa Youth A e B de Pentatlon Moderno “Cidade de Lugo”. Será esta a primeira vez que unha competición internacional se celebra en Galicia. Acompañárono neste acto o Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, Miguel Fernández, o Xefe Territorial da Xunta, Manuel Otero e Paco Villanueva, representante da entidade organizadora, a Federación Galega de Triatlón.
A Copa de Europa terá lugar este sábado 19 de decembro no complexo deportivo de As Pedreiras, as probas de Youth A (Xuvenil) e B (Cadete), comenzarán as 08:00 horas da maña, coa proba de esgrima, depois será o turnoda natación para rematar coa proba de tiro combinada, e dicir, carreira e tiro. As categorías benxamíns,alevíns e infantís, comezarán as 09:00 horas da mañá coa natación e seguirán coa proba de combinda.
Antonio Veiga resaltou que “desde a Área de Deporte, unha das nosas apostas foi sempre a de colaborar na organización de eventos que traigan a Provincia ducias de participantes e que neste caso terán a súa disposición unha das mellores instalacións cubertas, da súa tipoloxía, do Noroeste Peninsular como é o Módulo de Atletismo, financiado pola Vicepresidencia da deputación de Lugo, e que permite practicar diversas modalidades deportivas independentemente das condicións climatolóxicas do momento”.
Nesta Copa de Europa chegarán a Lugo deportistas de Hungria, Gran Bretaña, Francia, Portugal e de todo o estado español, cabe destacar que Galicia ven de proclamarse campioa de España nas categorías alevín e infantil, así mesmo, a provincia de Lugo conta con importantes deportistas neste deporte, Cristobal Rodríguez de Viveiro leva mais de cen probas como internacional e Aroa Freije foi no pasado ano campioa de Europa Youth B, primeira deportista galega en obter tan importante resultado.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
