Muras, 15 de decembro de 2015.- Olalla Rodil, candidata ao congreso por Nós-Candidatura Galega, achegouse ao concello de Muras que é un dos maiores produtores de enerxía eléctrica grazas á implantación de varios parques de aeroxeneradores. “A produción enerxética ten que reverter positivamente nas veciñas e veciños e Muras vaise converter nun referente estatal na xestión dos recursos grazas á presenza do BNG no goberno municipal” dixo Olalla Rodil que estivo acompañada de Xabier Vence, protavoz nacional do BNG, Manuel Requeixo, alcalde de Muras e Xosé Luis Rivas “Mini”, candidato ao Senado.
Nós-Candidatura Galega aposta por unha tarifa eléctrica galega que suporía unha redución do 30% na factura eléctrica e garantiría, por exemplo, a permanencia de ALCOA. A candidata ao congreso sinalou que “somos un país que exporta enerxía pero os beneficios vanse a outras partes do estado e as empresas tributan en Madrid” e engadiu que “o feito de que o noso territorio sexa un dos que máis enerxía produce debería ter un retorno para a poboación, esto é posible e en Muras comprobamos como se poden implementar medidas para que sexa así”.
Olalla Rodil explicou que o concello de Muras, gobernado polo BNG, será un dos primeiros do estado nos que o concello asuma o pago da factura eléctrica dos seus veciños e veciñas grazas aos ingresos derivados da produción eléctrica que se dá no propio territorio. Olalla Rodil lembrou que “en Euskadi xa se benefician dunha tarifa propia que amortiguou os efectos do encarecemento da electricidade nestes últimos anos”.
Xuntanza con emigrantes retornados en Burela e mitin en Mondoñedo
Durante a xornada deste domingo Olalla Rodil participou, en Burela, nunha xuntanza con persoas afectadas polas reclamacións económicas que a facenda española está a realizar a emigrantes retornados. Pola noite foi no concello de Mondoñedo onde a candidata do Nós Candidatura Galega pechou a xornada cun acto público no que presentou o programa electoral da formación e estivo acompañada da canidata pola mariña Montse Porteiro e o candidato ao Senado Orlando González.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



