Santiago, 16 de decembro de 2015.- “A elaboración de produtos lácteos distintos do leite líquido ofrece aos gandeiros unha fonte de ingresos segura e rendible. O futuro pasa pola transformación”. Así o afirmou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na entrega dos premios da XVIII Cata dos Queixos de Galicia e da XIV Cata dos Meles de Galicia, que tivo lugar este mércores ao mediodía en Santiago.
Neste contexto, Ángeles Vázquez destacou os datos de facturación das 72 queixerías galegas amparadas baixo os consellos reguladores, que produciron en 2014 máis de 5.000 toneladas de queixo, cun valor económico estimado de máis de 31 millóns de euros. Tamén, no caso do mel amparado pola Indicación Xeográfica Protexida, cunha produción que o ano pasado superou os dous millóns de euros.
Para apoiar estas producións, a titular de Medio Rural lembrou que “dende a Xunta traballamos para aumentar o valor engadido dos nosos produtos facilitando a súa capacidade de exportación”. Para isto, sinalou, “estamos a contribuír na organización colectiva dos agricultores, incentivando a relación territorial da produción, transformación e comercialización dos produtos agrícolas, particularmente a través da promoción de cadeas curtas de comercialización e do apoio á investigación, innovación e desenvolvemento de novos produtos agroalimentarios”.
Seguindo con esta reflexión, a conselleira apuntou que “malia o prestixio que os nosos produtos teñen nos mercados e entre os consumidores, o sector produtor agrario ten importantes carencias e dificultades estruturais que lles dificulta o acceso aos mercados”. E engadiu que “a pequena dimensión empresarial e a falta de integración son os factores que máis limitan o seu acceso aos mercados nacionais e internacionais dunha forma competitiva. Por iso é fundamental desenvolver actuacións pra promover a comercialización dos produtos agroalimentarios galegos”.
Plan de promoción
Nesta liña, indicou que “vaise dar máis pulo ao Plan especial de promoción agroalimentaria para acometer as accións promocionais directamente executadas pola Consellería do Medio Rural: campañas publicitarias, asistencia a feiras, organización de distintos eventos como catas de viños, de augardentes, de queixos, etc., e tamén as que realizan directamente tanto os Consellos Reguladores como as asociacións sectoriais”.
Malia todo, advertiu Ángeles Vázquez, “estamos a falar dunha industria que factura 4.721 millóns de euros anuais e emprega a preto de 20.000 persoas en Galicia, o que supón o 16,4% da facturación total e o 15% do emprego total da industria galega”.
Na súa intervención, a conselleira salientou tamén a importancia da gastronomía galega como “elemento transcendental da nosa forma de ser” e engadiu que Galicia non podería entenderse sen a nosa cociña e, en concreto, “sen o noso queixo e os nosos meles”. E rematou pedindo a complicidade dos consumidores para que “consumamos produtos de Galicia por moitos motivos, para cooperar no crecemento económico da nosa terra, para poñer en valor o noso pero, sobre todo, porque están boísimos!”, remarcou.
RELACIÓN DOS PREMIADOS
XVIII CATA DOS QUEIXOS DE GALICIA – 2015
D.O.P. QUEIXO TETILLA
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “DANIBERTO” – Daniberto, S.A.T. (Vilalba – Lugo)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “BO QUEIXO” – José Castro Tejo (Boqueixón – A Coruña)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “QUEINAGA” – Queinaga, S.A.T. (Curtis – A Coruña)
4º POSTO E DIPLOMA: “TERRA DE MELIDE”– Lácteos Terra de Melide, S.L. (Melide – A Coruña)
5º POSTO E DIPLOMA: “RUTA XACOBEA” – Alimentos Ruta Xacobea, S.L. (O Pino – A Coruña)
6º POSTO E DIPLOMA: “MOECHE” – Lácteos de Moeche, S.L. (Moeche – A Coruña)
D.O.P. ARZÚA-ULLOA
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BO QUEIXO” – José Castro Tejo (Boqueixón – A Coruña)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “RUTA XACOBEA” – Alimentos Ruta Xacobea, S.L. (O Pino – A Coruña)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “PAZO ANZUXAO” – Lácteos Anzuxao, S.L. (Lalín – Pontevedra)
4º POSTO E DIPLOMA: “QUEINAGA” – Queinaga, S.A.T. (Curtis – A Coruña)
5º POSTO E DIPLOMA: “ARQUESÁN”– Agro Despensa, S.L. (Touro – A Coruña)
6º POSTO E DIPLOMA: “ARTELAC” – Antonio Ferreiro Ferreiro (Antas de Ulla – Lugo)
D.O.P. ARZÚA-ULLOA CURADO
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BARRAL” – Queixería Barral, S.L. (Arzúa – A Coruña)
D.O.P. SAN SIMÓN DA COSTA
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “DON CRISANTO” – Crisanto, S.A.T. (Vilalba – Lugo)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “PRESTES” – Queixería Prestes, S.L. (Vilalba – Lugo)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “CASLEIRAS” – Queixería Cas Leiras, S.L. (Vilalba – Lugo)
D.O.P.CEBREIRO
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “CASTELO” – Castelo de Brañas, S.L. (Pedrafita do Cebreiro – Lugo)
XIV CATA DOS MELES DE GALICIA 2015
CATEGORÍA A: MELES MONOFLORAIS
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “ALFIMEL” – Josefa Paz Vizoso (Burela – Lugo)
CATEGORÍA B: MELES MULTIFLORAIS
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BARBANZA MEL” Abelleiros Fidosa, S.L. (Porto do Son – A Coruña)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “O TROBO MEL DO VALADOURO” – María Fe Sixto Pernas (O Valadouro – Lugo)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “MEL DE MONFERO” Josefa María Durán Casal (Monfero – A Coruña)
4º POSTO E DIPLOMA: “MEL O TESTEIRO” – María Munín Taboada (Lalín – Pontevedra)
5º POSTO E DIPLOMA: “ALFIMEL” – Josefa Paz Vizoso (Burela – Lugo)
6º POSTO E DIPLOMA: “MEL DO SALDOIRO” – Antonio Gómez Tapia (Lalín – Pontevedra)






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



