Burela, 16 de decembro de 2015.- O equipo de goberno municipal de Burela dará de baixa os teléfonos móbiles de última xeración mercados polos seus antecesores, que os ex concelleiros populares, agás Diana Durán, aínda non devolveron ao Concello malia as peticións reiteradas realizadas durante este ano. Os terminais foron mercaron sete meses antes de deixaren os cargos, cun custe de 2.200 euros.
Dende o equipo de goberno burelés aseguran: “parécenos un feito realmente grave e que demostra claramente para que se meten en política certas persoas. Sacamos esta información despois de reclamar, por activa e por pasiva, a devolución por parte de membros do anterior goberno municipal do Partido Popular dos terminais de telefonía móbil de última xeración que foron adquiridos sete meses antes de deixar o goberno municipal cun custe para o Concello de máis de 2.200 euros”.
O grupo de goberno di que “a día de hoxe, a única que tivo a decencia de devolver o terminal foi Diana Durán, cousa que agradecemos, pero o resto de membros do anterior equipo de goberno do Partido Popular non fixeron tal devolución nin mostraron intención de devolvelos ante os requirimentos feitos dende o Concello. Os ex concelleiros que se negan a devolver os terminais son o ex primeiro tenente alcalde, Manuel Valle, a ex concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e a ex concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro”.
Desde o equipo de goberno consideran que “este tipo de actos non poden ter cabida na vida pública e por todo iso temos a obriga de informar aos veciños e veciñas destes feitos, reiterando unha vez máis, que se lles solicitou por activa e por pasiva a súa devolución sen recibir contestación algunha, o que demostra a falla de decencia de algúns”.
E aclaran que “a razón pola que pedimos a devolución é polo feito de que son terminais que foron adquiridos pouco antes de que esta xente abandonara o goberno. Entendemos que se puideron ter aproveitado este móbiles para que fosen usados polos concelleiros entrantes ou por algún servizo municipal que o precisase. Resulta evidente que se fosen terminais dun prezo máis baixo e estes fosen os que se adquiriran cando o anterior equipo de goberno entrou no Concello, igual nin os reclamaríamos, pero o feito de ser adquiridos uns meses antes de deixar o goberno e os preto de 600 euros que custou cada terminal a todos os veciños e veciñas de Burela obríganos a pedir a súa devolución. Para nós o que están facendo estas persoas é roubarlles os veciños e veciñas de Burela, ademais de mostrar claramente os motivos polos que se mete en política esta xente, sen que o señor Barcia sexa capaz de facerlles devolver estes bens públicos, o que demostra claramente o pouco ou nulo peso político que ten o señor Barcia no PP de Burela, no que ninguén lle fai un caso”.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



