Lugo, 28 de novembro de 2015.- O secretario xeral e coordinador da campaña dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro explicou este venres que desenvolverán unha intensísima actividade durante esta campaña electoral na Mariña lucense, en apoio dos nosos cabezas de lista Jose Manuel Barreiro e Joaquín García Díez e, por suposto, dos candidatos da comarca, que como saben ten un peso específico importante na aposta electoral do PP de Lugo.
Mañá mesmo, sábado 5 de decembro, comezará cun almorzo informativo coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Barreiros, ao que están convidados ás xentes do mar, profesionais da pesca, marisqueo, redeiras, pero tamén clubs náuticos etc… Despois Rosa Quintana visitará Frigomar.
Pola tarde collerá o relevo a nova conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, que visitará a cooperativa Terras da Mariña, que comercializa a faba de Lourenzá e rematará a xornada cun mitin en Mondoñedo.
PRESIDENTE DA XUNTA
O luns A Mariña recibirá a visita do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, concretamente estará nun mitin en Foz e despois en Viveiro, no teatro Pastór Díaz. Antes a conselleira do Medio Rural visitará os Irmandiños e terá un café con mulleres rurais na Devesa.
O martes será a quenda do Conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodriguez que visitará o museo de arte sacro de Lourenzá e terá mitines nesta localidade laurentina e no Valadouro.
O mércores a visita corresponde ao Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, que mitineará en Xove e Burela, tras visitar á asociación de xubilados desta localidade.
O xoves a quenda é para o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda que terá varias reunión co sector empresarial en Foz e Ribadeo e terá mitines en Trabada e en Ribadeo.
O sábado Román Rodriguez, Conselleiro e Cultura visitará Barreiros e o domingo o novo Conselleiro de Política Territorial ten actos previstos en Cervo, coa visita ao unidade residencial da Asociación de Axuda a Enfermos Mentais e coa asociación de xubilados Terra Mar
O luns 14 a conselleira de Infraestruturas estará en Viveiro, San Ciprián e O Vicedo e o martes en A Pontenova e Riotorto
O Conselleiro de Emprego visitará Mondoñedo o xoves 17 e A Pontenova e venres o titular de Facenda mitineará en Alfoz como peche de campaña
En resume, unha intensa actividade de campaña na Mariña lucense, coa presenza do Presidente da Xunta, e a preseza de practicamente todo o Goberno galego, arroupando aos nosos candidatos.




















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



