O Concello de Xove, xunto co IES Illa de Sarón, organizan un CICLO DE CINE AMBIENTAL E SOLIDARIO dirixido a tódolos alumnos/as do Instituto. O Ciclo está patrocinado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
O ciclo, denominado BUTACA VERDE, de carácter documental, comprende as seguintes películas: “MARCHA ATRÁS”, “GREEN” E “AMAZONÍA CARBONIZADA”. O lugar das proxeccións vai ser o IES Illa de Sarón.
Xoves, 10 de decembro
09.40 horas: “GREEN” para os alumnos de 2º de ESO.
12.50 horas: “GREEN” para os alumnos de 1º de ESO.
13.40 horas: “AMAZONÍA CARBONIZADA” para os alumnos de 4º de ESO.
Martes, 15 de decembro
Ás 13.40 horas: “MARCHA ATRÁS” para os alumnos de 3º de ESO.
A intención de realizar este ciclo, tanto por parte do IES Illa de Sarón como por parte do Concello, é a de concienciar aos nosos mozos no coidado e protección do noso medioambiente, e isto a través de medios audiovisuais tan interesantes coma os documentais.