Lugo, 16 de decembro de 2015.- O portavoz do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, participou na tarde deste mércores nun encontro con afiliados en Monforte. Alí censurou a agresión ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e agradeceu as mostras de apoio recibidas.
Na súa intervención advertiu do risco dun goberno de esquerda radical. “O PSOE non terá problemas en caer en brazos do populismo radical para botar ao PP do Goberno”, afirmou. A continuación Barreiro explicou que o pacto PSOE-Podemos xa se viu en capitais e comunidades autónomas, como Madrid e Barcelona ou, sen saír de Galicia, A Coruña, Santiago ou Lugo, onde as dúas forzas políticas se coaligaron para derrocar ao partido máis votado polos cidadáns, o PP.
“PSOE e Podemos non van dubidar, si teñen ocasión, en converter a España nunha nova Grecia”, subliñou José Manuel Barreiro. Neste sentido recordou que no país heleno o Goberno radical de Syriza, socio de Podemos, provocou en poucos meses unha nova recesión, aínda peor que as anteriores, que levou ao afundimiento do sistema financeiro, a bancarrota do país, o corralito dos aforros dos cidadáns, a caída do Estado do Benestar e, finalmente, un novo rescate moito máis duro que os dous anteriores, con brutais recortes de pensións e servizos públicos.
Neste sentido asegurou que “non parece moi difícil imaxinar o que sucedería aquí en España coa suma PSOE Podemos”. “Supoñería a instauración dun novo réxime inspirado na Venezuela de Chávez e a Grecia de Tsipras e coas vellas receitas do socialismo”, matizó Barreiro.
Neste contexto o candidato popular ao Senado por Lugo recordou que “non basta con gañar” e insistiu en que “Mariano Rajoy é o único voto útil”. Sinalou que só hai dúas opcións: avanzar cara a 2020 ou volver a 2011. “Agora lideramos o crecemento e a creación de emprego en Europa, recuperamos o futuro; pero non é suficiente, temos que consolidar as reformas, por iso non podemos dar marcha atrás”.
José Manuel Barreiro puxo de relevo que PP é o partido que mellor reflicte os valores da nosa democracia e as aspiracións dos españois, “somos o único partido que fala ben de España e o único capaz de garantir a estabilidade”, afirmou.
O voto ao PP é o voto ao emprego
O candidato do PP ao Congreso por Lugo, Joaquín García Díez, tamén participou no encontro de Monforte. Na súa intervención asegurou que este domingo “non hai alternativa, só un risco de pactos incertos de perdedores que non ofrecen máis que radicalismo e ocorrencias”.
García Díez insistiu en que só o PP afirmou claramente que “debe gobernar quen gañe as eleccións” e pediu ao resto de formacións políticas que “aclaren aos españois o que quen facer tralo 20-D”.
O número un ao Congreso destacou que só o voto para o PP é o voto para o emprego e a recuperación porque “os demais teñen outras prioridades”. Recordou o obxectivo realista de Mariano Rajoy de lograr 20 millóns de ocupados en 2020.
Joaquín García Díez pediu a todo o mundo que recordase os feitos. “Coa axuda de todos salvamos a España do rescate e a bancarrota e por iso debemos sentirnos orgullosos e fortes para seguir traballando no futuro”, aclarou.
Antes de finalizar, García Díez sinalou os compromisos cumpridos do PP coa provincia de Lugo en materia de infraestruturas e puxo como exemplo a finalización de autovía do Cantábrico; a posta en servizo da metade da autovía Lugo-Santiago (co resto dos tramos en obras ou licitados) e a finalización, con Alberto Núñez Feijóo como Presidente da Xunta, do corredor Lugo-Sarria-Monforte. “Non hai dúbida, Monforte é un exemplo perfecto do compromiso do PP coa vertebración da provincia e do importante que é a coordinación entre administracións”, asegurou.
O candidato ao Congreso tamén fixo referencia á alta velocidade: “Monforte sempre estivo ligado ao ferrocarril e terá un protagonismo especial na conexión coa meseta”. Insistiu en que a provincia de Lugo non se vai a quedar descolgada dos avances en materia ferroviaria e recordou as palabras da Ministra de Fomento, Ana Pastor, que se comprometeu a que, na próxima lexislatura, daralla un forte impulso á conexión con Madrid a través dun tren do século XXI.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



