16 de decembro de 2015.- Como cada ano, en Cervo e San Cibrao, a Asociación Cultural Arroutados realiza a súa campaña de recolleita de xoguetes que irá destinada a Cruz Vermella de Burela. Unha vez máis, tanto o concello como diversas asociacións do municipio cervense, como son Mulleres de San Ciprián, A Sombriza, Pasiño a Pasiño e Veciños Cruz da Venta colaboran nesta actividade que tanto éxito tivo estes últimos anos, e é que, en palabras do seu presidente, Marcos González Villares: “Esta iniciativa leva aos fogares dos máis necesitados a ilusión que tan necesaria é na época navideña”. Por iso agradécese a todos aqueles que queiran achegar os seus xoguetes xa usados e que non utilicen ao concello de Cervo ata este Venres ou se non o Luns 21 á Casa do Mar de San Cibrao.






















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



