O eurodeputado socialista José Blanco elevou á Comisión Europea unha pregunta parlamentaria sobre a asignación inxusta de cotas á flota do cerco por parte do Ministerio de Agricultura de España.
A través dunha pregunta parlamentaria, o eurodeputado socialista recorda que o pasado 10 de novembro, durante a reunión da Comisión de Pesca, transmitiu publicamente á Dirección Xeral de Pesca da Comisión Europea a preocupación polo reparto de cotas do cerco do Cantábrico Noroeste, preocupación que xa se lle trasladou previamente nun encontro organizado por Blanco con representantes da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) e a propia DG de Pesca.
Na súa intervención na Comisión, o director xeral comprometeuse a estudar as alegacións sobre a asignación de posibilidades de pesca para esta flota decretadas polo Ministerio de Agricultura de España e que “non contemplan os criterios sociais e económicos” establecidos no Art.17 do Regulamento (UE)1380/2013 de 11.12.2013 sobre a PPC.
Blanco recorda que o cerco é unha pesca costeira “tradicional, de carácter familiar, que fai 35 anos autorregula unha pesca responsable e sostible con límites de capturas diarios e redución do esforzo pesqueiro a catro xornadas/semana, practicando o cese temporal de actividade ou rebaixando os límites de captura cando é necesario”.
Para o eurodeputado socialista, o actual sistema de reparto non considera a dependencia económica da pesca de pequenas comunidades costeiras, “nin medidas de xestión para optimizar a rendibilidade do recurso, nin cotas mínimas individuais que garantan a viabilidade e un longo, etc”. “En definitiva, non é un modelo sostible nin acorde coa nova PPC”, motivo polo cal demanda da Comisión un pronunciamento sobre as discrepancias entre os obxectivos da PPC e o reparto de cotas do cerco.


















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



