A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega a seis concellos lucenses o programa Nadal en rede, que se desenvolve nestas datas festivas e da que poden gozar as familias e, sobre todo, os máis cativos da casa.
Esta iniciativa, que ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega, está promovida pola consellería xunto con entidades locais integradas na Rede de Dinamización Lingüística. A entrada é de balde ata esgotar a capacidade dos espazos.
Así, Monterroso e Burela acollen hoxe o espectáculo A cantar con… A Gramola Gominola, o primeiro ás 11 da mañá no Espazo Cultural Lorenzo Varela e o concello mariñán ás 7 da tarde no auditorio municipal, unha actuación organizada en colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.
Este espectáculo está protagonizado polo primeiro conxunto de rock infantil galego, aínda que tamén explora o pop, o reggae e as baladas do heavy, pasando polo funk, o country, o blues ou o ska. Trátase dunha proposta didáctica para os máis cativos que os guiará por valores tan esenciais como a amizade, a familia, a importancia de facer deporte e de levar unha alimentación saudable, o estudo, os xogos, e a natureza e os seus recursos.
A xira de Nadal dos Bolechas levará a esta televisiva familia ao CEIP de Foz o sábado día 2, entre as 12:30 e as 14:30 horas e pola tarde de 16:30 a 20:30 horas. A caravana, que inclúe ludoteca, xogos ou obradoiros artísticos, xa estivo en Viveiro o pasado día 26.
Outra das actividades que se ofertan é a dos Cantos contos no Nadal, guiada polo coñecido cantante Pablo Díaz, un concerto pero tamén un contacontos e mais un obradoiro participativo con temas como a familia, a convivencia, o tempo de lecer, os agasallos… Esta iniciativa recalou xa en Cospeito a pasada fin de semana e visitará Sober o día 4 de xaneiro, no Centro Sociocultural ás 17:30 horas.
Ademais destas actividades de dinamización lingüística, Nadal en Rede inclúe unha ampla oferta de recursos dixitais aos que se pode acceder para a súa descarga de balde desde calquera punto de Galicia: os cativos teñen á súa disposición un modelo de carta para escribirlles aos Reis Magos en galego, o ‘Libro dos Reis Magos’ e a aplicación ‘Postais en galego’.
Igualmente, hai recursos que que os Reis Magos poidan remitir unha resposta personalizada e en galego aos cativos.
Toda a información sobre o ‘Nadal en Rede’, no Portal da Lingua Galega: www.lingua.gal.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



