Mondoñedo, 17 de decembro de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, agradécelle á Xunta a activación dun centro de emprendemento innovador na localidade, aprobado este xoves polo Consello da Xunta en Santiago e co que se impulsarán máis de 500 proxectos en Galicia.
“O apoio da Xunta permitiranos avanzar na recuperación económica e xerar emprego, polo que gabamos este tipo de iniciativas”, explica a rexedora.
Mondoñedo formará parte, tal e como aprobou hoxe o Consello da Xunta, das seis novas aceleradoras de emprendemento innovador que beneficiarán máis de medio milleiro de iniciativas empresariais. Amais da sede de Mondoñedo, na provincia de Lugo tamén haberá unha sede en Monforte, (seis en toda Galicia).
Esta acción emprendida pola Consellería de Emprego, Economía a Industria promove o reequilibrio territorial na comunidade nas zonas máis necesitadas de dinamismo empresarial.
Así, Mondoñedo acollerá catro coworkings de cinco meses de duración e en cada un poderán participar ata 22 proxectos co obxectivo de impulsar novas iniciativas empresariais e incrementar as posibilidades de éxito dos negocios. Os beneficiarios disporán dunha ducia de talleres de formación centrados no emprendemento e na xestión empresarial, ademais de contar cun proceso de titorización individual levado a cabo por persoas con experiencia emprendedora.
Ademais, ao longo de cada edición de coworking desenvolveranse diferentes eventos que favorezan o coñecemento das distintas iniciativas e o traballo en equipo entre os diferentes axentes do ecosistema emprendedor. Tamén se celebrará un demoday nas semanas finais no cal se presentarán os proxectos e o seu alcance tras o proceso realizado.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



