Burela, 17 de decembro de 2015.- Ante a nota de prensa feita pública polo goberno municipal socialista, o Partido Popular de Burela quere manifestar o seguinte:
1 .- Os terminais móbiles, catro, ós que se refire o goberno socialista foron entregados ó concello en outubro do ano 2014. Non seis meses antes das eleccións, como din os socialistas.
2 .- É mentira que se mercaran os móbiles. Foron entregados pola operadora de telefonía móbil a conta dos puntos de bonificación por consumo que tiña o Concello.
3 .- Polo tanto, o custe real para o Concello foi de cero euros. É mentira que lle supuxeran ó Concello un custe de 2.200’00€.
4 .- É mentira que houbese “petición reiterada” de devolución dos terminais móbiles. Só houbo un único escrito remitido a principios de novembro deste ano.
5 .- Durante o goberno bipartito, houbo membros do goberno que tiveron números de teléfono adscritos ó concello.
6 .- Durante o bipartito, outros membros do goberno tiveron terminais de móbil (naquela época, tamén de última xeración) propiedade do concello. Entre eles, Alfredo Llano.
7 .- En 2011, logo de deixar a alcaldía, Alfredo Llano non devolveu o terminal de móbil propiedade do concello que usaba.
8 .- Tanto é así, que poucos días de deixar a alcaldía Alfredo Llano, de forma nada elegante xa que non tiña responsabilidades de goberno, canxeou o terminal móbil propiedade do concello que non devolvera por outro de tecnoloxía máis avanzada grazas ós puntos de bonificación por consumo, puntos que eran propiedade do concello.
9 .- Seguindo o criterio do PSOE, Alfredo Llano xa tiña que estar fóra da política desde 2011. Está a tempo de irse.
10 .- O anterior goberno municipal do PP nunca, en ningún momento, lle reclamou a ningún concelleiro, e tampouco ó Sr. Llano, a devolución de ningún terminal de móbil; petición que non nos parecía políticamente elegante.
11.- En materia de telefonía, o aforro anual durante o goberno municipal do PP con respecto ó bipartito foi de aproximandamente sete mil euros ano, dado que se suprimiron moitos terminais que non tiñan razón de ser.
12. Igualmente, o PSOE está tardando en sacar o concurso de comunicación telefónica que estaba preparando o goberno do PP. Algún interés terán, temos que pensar.
13.- Non nos sorprende que o PSOE recurra ós terminais de móbil. É tan nula a súa xestión, é tan nulo o balance que presentan ata agora, que con algo teñen que saír. O único que pretenden é enlordar a política municipal, esquecendo que están criticando o que eles practicaron no pasado. Pedímoslles que deixen de mentir e de criticar á oposición, e que se poñan a traballar dunha vez, que hora lles vai sendo. Porque xestión non hai, pero dietas comenza a habelas.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



