Lugo, 17 de decembro de 2015. O nacionalista Xosé Ferreiro, Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, presentou este xoves aos medios de comunicación os contidos do “Nadal Cultural”. Trátase dun programa que, un ano máis, encherá de múltiples e variadas actividades este período non lectivo para as e os máis pequenos da casa, aínda que, coma sempre, haberá tamén propostas para o público adulto.
A programación presentada hoxe vén a completar o conxunto do programa “Nadal Cultural” da Área de Cultura da Deputación de Lugo, que xa puxo en marcha “Títeres no Nadal”, que se está a desenvolver desde comezos do mes de decembro nos centros de ensino da provincia, os obradoiros infantís que xa foron presentados tanto na Rede Museística, onde xa se están a desenvolver cun notable éxito de participación, e os obradoiros que se realizarán no CENTRAD, onde comezan o vindeiro luns 21 de decembro e xa están cubertas o total de prazas ofertadas,
Ferreiro remarcou que a Área de Cultura “volve ofrecer unha intensa programación cultural pensada para todos os públicos e, por suposto, aberta e gratuíta para quen estea interesado nela”, sinalou.
Mostra de artesanía ‘FEIREANDO’ para “poñer en valor o traballo das e dos artesáns da nosa provincia”
O responsable provincial desgranou o programa, no que destaca nesta ocasión a mostra de artesanía “FEIREANDO…polo Nadal” que terá lugar na Praza de San Marcos do 22 de decembro ao 5 de xaneiro. “Con esta mostra queremos poñer en valor o traballo das e dos artesáns da nosa provincia” sinalou Xosé Ferreiro.
A apertura de ‘FEIREANDO’ terá lugar o martes 22 de decembro ás 11:30 horas coa música e voces de Pablo Pintor e Branca Villares e contará cun total de 9 postos de artesanía que poderán visitarse durante todo o Nadal en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas (a excepción dos festivos do 25 de decembro e 1 de xaneiro, que permanecerá pechada)
Completarán as actividades de ‘FEIREANDO’ as demostracións de artesanía que realizarán os propios artesáns e artesás, que terán lugar os mércores e sábados ás 17 horas. Así mesmo, haberá tamén actividades para animar esta mostra da artesanía con “Rodesindo da Barrosa. O Afiador” con Pepe Penabade, que realizará dous pases o 22 de decembro, ás 13 e ás 17:30 horas, e tamén o 28 de decembro ás 17:30 horas animará ‘FEIREANDO’ o Cé Orquestra Pantasma.
Cantos de Nadal, Nadal Miúdo e moitas máis actividades para todos os públicos
“Por sexto ano consecutivo, volve incluír os Cantos de Nadal, no que as panxoliñas interpretadas por once corais locais inundarán de música as rúas e prazas da cidade de Lugo”, sinalou. (Ao final da nota inclúense os horarios e días das actuacións).
Outra das grandes iniciativas é o Nadal Miúdo. “O Nadal estará presente na programación par ao público infantil, coa actuación das Maimiñas con “O soño de Zalo” o martes 29 de decembro ás 17 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, co obradoiro “A lanterna máxica” o luns 4 de xaneiro con dúas sesións: de 10 a 13 horas para un grupo de 20 cativas/os de 6 a 9 anos, e de 16 a 19 horas para un grupo de 20 cativas/os de 10 anos en diante”. Sinalou Ferreiro.
O Nadal Miúdo completarase coa xa tradicional visita do Apalpador, acompañado do seu burriño e dun grupo de gaitas, o 24 de decembro ás 17:30 horas polas prazas céntricas de Lugo. Así, o Delegado de Cultura reivindicou esta figura tradicional do Nadal galego, que ilustra toda a imaxe gráfica do “Nadal Cultural”, diante das figuras exportadas de fóra: “Non fai falta que as e os nenos da provincia de Lugo e de Galiza recorran a Papá Noel e aos Reis Magos, que teñen que vir dende moi lonxe. Aquí ao carón, nas nosas montañas de Lugo, temos ao Apalpador para cumprir cos seus desexos e comprobar que están ben alimentados despois da cea de Noiteboa”, comentou Ferreiro.
Finalmente, Ferreiro indicou que “tamén haberá unha serie de actividades dirixidas ao público adulto coa actuación de Fran Rei, Isabel Risco e Pedro Brandariz con ‘Falar sen cancelas’ que terá lugar o luns 21 de decembro ás 20 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Do mesmo xeito, na Capela de Santa María presentaremos o disco ‘Pito galego’ de Efraím Díaz o 23 de decembro ás 20 horas; o 27 de decembro ás 19 horas teremos connosco a Pres de Cambrai e a Charo Pita con “O segredo do Pergamiño Vindel. 100 anos de música para as cantigas de Martín Códax” e o 30 de decembro ás 20 horas teremos connosco a ‘Il Combattimento’ con ‘O cornetto, a voz do Seiscento’ concluíu o Delegado de Cultura.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



