Lugo, 15 de decembro de 2015.- Miguel Anxo Fernán Vello, o candidato número 1 de En Marea pola provincia de Lugo, participou na tarde deste martes nun encontro celebrado en Santiago de Compostela entre persoeiros da cultura galega.
Alí, Fernán Vello falou da cultura como un visibilizador da arte, e defendeu que “a cultura galega é unha gran constelación creativa de gran riqueza histórica e contemporánea, con variadas linguaxes e variados estilos, que debe acadar plena visibilidade, tanto no plano interior do propio territorio, como de cara ao exterior.
O candidato de En Marea criticou as políticas neoliberais que durante os últimos anos “danaron gravemente” a cultura: “o teatro, o cine, as bibliotecas, que carecen carecen de orzamentos, e menos para libros en galego”.
“Os cidadáns teñen dereito a coñecer e participar da gran creación cultural e galega -dixo-. Non está sendo visibilizada no plano do estado español, tampouco no ámbito europeo, nin no latinoamericano, cando Galicia debería ser embaixadora entre América, o estado español e a UE”.
Tamén insistiu na idea de traballar conxuntamente coa cidadanía para definir as accións culturais. “Esa idea de cooperación e colaboración vai darnos máis capacidade de intervención.



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



