Burela, 15 de decembro de 2015.- Os candidatos ao Congreso, Iago Fernández e Margarita Pérez Herraiz, o Deputado autonómico, Xosé Ramón Val Alonso, e o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantiveron este martes un encontro con representantes das cofradías de pescadores da Mariña, no que abordaron a situación na que se encontra este sector.
Iago Fernández, mariñao de 25 anos, apuntou que “os socialistas defendemos que o Goberno Central participe na negociacion de cotas e prezos dos produtos do sector primario, nunha clara defensa dos miles de profesionais que hai nosa provincia”. Hai que ter en conta que a pesca xera na Mariña 2.000 empregos, chegando a representar entre o 29 e 15 % do PIB de Concellos como Burela, Xove ou Viveiro.
“Con todo, os gobernos da dereita demostrou que non ten comprimiso algun co sector pesqueiro pois, todos os anos hai as mesmas ameazas co reparto das cotas. Está claro que este sector precisa dunha maior estabilidade, de xeito que se busquen negociacións para periodos mais longos, así como un reparto no que Galicia non sexa sempre a gran prexudicada”.
Pola súa banda,Val Alonso engadiu que “outra clara mostra da falta de compromiso do PP co sector pesqueiro e en especial coa Mariña é o orzamento da Consellería do Mar, pois a de Lugo recibe 7 veces menos que outras provincias, a pesar de que o peso da pesca lucense multiplica por 6 á contribución media deste sector no conxunto de Galicia.
A Mariña, a gran olvidada do PP
“A falta de investimento da Xunta de Galicia e do Goberno Central fixeron que esta comarca quedara completamente paralizada. Bo exemplo disto son o atraso na Vía de Alta Capacidade entre San Cibrao e Viveiro; a non ampliación do Hospital da Costa; ou do corredor Barreiros-San Cibrao, que produce que os Concellos da Mariña non se atopen en igualdade de condicións que o resto do territorio español para desenvolverse no eido económico, no social”.
Alcoa
Iago Fernández e Val Alonso destacaron o encontro que Pedro Sánchez e José Ramón Gómez Besteiro mantiveron cos traballadores de Alcoa para coñecer de primeira man as súas necesidades. “A diferenza do Partido Popular, os socialistas comprometémonos a apostar polo cambio do mapa enerxético de España para garantir máis axudas á reindustrialización en comunidades excedentarias na produción de enerxía como Galicia, xa que o sistema de subastas non funciona”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



