Galipizza estraba este mércores nova curta publicitaria do seu paso polo ResurrectionFest 2015.
Trata dunha parella onde o rapaz é un fan do heavy metal e hardcore, mentras que ela é unha “pija” presumida. El remata convencéndoa a base de agasallos de que acuda ó festival a onde van ver a Motorhead. Ó final a ela fascínalle tanto ese mundo que cambia os seus gustos e se converte en máis heavy ca el.
A curtametraxe foi dirixida por FaRi Elfarero cun equipo de producción dirixido por David Castro e con Antía Vázquez como actriz protagonista.