Procedente do IES FP de Viveiro chegou ó de Foz en 1979. Un ano despois, tras o paso polo Politécnico de Ferrol, foi nomeado profesor/delegado e director do IES focego, cargo que desempeñou de xeito ininterrumpido, durante 35 anos, ata a recente xubilación.
Nemesio vivíu de cheo tódalas carencias imaxinables para a posta en servicio dun Centro de Ensinanaza coa dotación elemental precisa para o digno desenvolvemento da importante tarefa enccomendada; en instalacións precarias e pouco idóneas, ata que o ministerio de Educación tomou a decisión de construir o edificio que albergaría as Segundas Ensinanzas. Inauurábase o mesmo no ano 1982.
A partires da data, Nemesio despregou unha auténtica loita para facer ver ás autoridades a apremiante necesidade de realizar as ampliacións que as necesidades e proxectos de futuro demandaban, así como as permanentes obras de reforma e novos espacios.
Na evolución de onte a hoxe e do ben gañado prestixo do que goza o Centro exemplar, non só por instalacións e prestacións, senon polo funcionamento nos distintos aspectos que iniciden nun centro desa natureza, hai un nome sobranceiro: Nemesio Rodriguez que coa entrega entusiasta e un traballo que excedía á súa obriga no honesto desempeño do cometido, foi piar fundamental para acadar o nivel que hoxe se recoñece. Foron sempre exemplares a dedicación, o esforzó e a ilusión deste funcionario da ensinanza por levar a bó porto a nave da que , durante hai mais de 35 anos, foi timonel.
Nemesio non só foi director modélico dun centro con mais de 600 alumnos e un cadro de persoal que ronda o cento de traballadores entre profesorado e servicios auxiliares. Activo, dinámico e soildario, sempre disposto a colaborar e prestar a súa aportación e toda iniciativa educativa ou social.
Recoñecendo nel os méritos dun labor singularmente eficiente para a nosa sociedade, O Mundo de Galea, colectivo comarcal, o Día do Mariscal do ano 2011 invistíu a Nemesio, Cabaleiro da Orde de Pardo de Cela, honor que terá continuidade na homenaxe consistente nun xantar o vindeiro día 12 para cantas persoas desexen participar no mesmo.
Suso Fernández



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



