A Comunidade de Montes San Roque de Viveiro proclamou por unanimidade a D. Manuel Soto Pena como presidente desta Comunidade para o próximos catro anos.
A asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado xoves día 17 de Decembro, no salón principal do Casino de Viveiro, contou cunha gran asistencia de comuneiros, que despois de aprobar o acta da asemblea anterior, lida pola secretaria da Comunidade Dna. Marisa Rey, procedeuse á proclamación por unanimidade de todos os asistentes e os representados, de D. MANUEL SOTO PENA como presidente da Comunidade de Montes San Roque de Viveiro, cargo que xa viña exercendo e que os numerosos comuneiros volveron darlle o seu apoio para que siga presidindo a Comunidade de Montes o próximos catro anos.
Manuel Soto agradeceu aos comuneiros a asistencia á asemblea e a confianza depositada nel e na súa Xunta Reitora, a cal presentou unha vez foi proclamado Presidente, así mesmo comunicou que seguiría levando a Comunidade co rigor e traballo que veu exercendo nestes anos como Presidente, a asemblea pechouse cun caloroso aplauso dos asistentes para o reelixido Presidente e a súa Xunta Reitora.