Burela, 15 de decembro de 2015.- “Cando se leva cumprido medio ano de goberno socialista, o balance da xestión do alcalde e do seu pretendido equipo é igual a cero”, afirman desde o Grupo Municipal Popular de Burela.
Os populares afirman que “o PSOE tén ó concello en parálisis permanente. Serva como mostra que ainda non hai trazas de presupostos municipáis para 2016, e eso que se conta con interventor desde principios de agosto; o que pasa é que o pretendido grupo socialista leva varias reunións para definir os presupostos, o embarazo está sendo de risco e parece que o parto vai ser doloroso”.
Desde o GMP aseguran que “non hai ningún indicio de ningún tipo de cómo se vai desenvolver o Plano Xeral de Ordenación Municipal, de qué tén pensado facer o alcalde coas bolsas de solo industrial que hai definidas no PXOM, especialmente coa do Perdouro, fundamental para o asentamento de empresas e conseguinte creación de emprego; e lembramos que nós xa tiñamos dous estudios ó respecto.”
Os populares afirman que “tamén asistimos a unha merma de servicios: houbo menos socorristas nas praias polo verán, cuns horarios totalmente absurdos; nestes últimos meses do ano non houbo cursos para mulleres; o concello mirou para outro lado co asunto do comedor do ‘Vista Alegre’, etc.”
Igualmente, aseguran que “o único que se está facendo é levar a cabo os traballos previstos no obradoiro de emprego, que deixou solicitado o goberno do PP e que se concedera antes das eleccións”.
Para os populares “tamén é preocupante ver cómo cando hai posibilidade de baixar os impostos dos coches, dos vados, das terrazas, da apertura de establecementos, de baixar máis a auga e o lixo, algo que propuxo o PP hai un mes, non se fai, o que quere decir que o PSOE non baixará impostos e seguramente os suba para recaudar máis e facer unha política caciquil e clientelar”.
Finalmente, desde o GMP aseguran que “o alcalde está máis preocupado pola súa imaxe que polos asuntos de futuro para Burela; está máis preocupado nas fotos e nas festas, que en poñer orden nun grupo municipal que xa tén fisuras, e no que o único que intenta facer algo, ainda que ás veces se equivoca, é o concelleiro de Cultura; o resto, sobran todos. Estamos ante un alcalde 2.0, que se comunica a través da prensa con outras administracións e que ainda non foi capaz a reunirse con ninguén, e ante un goberno municipal da parálisis”.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



