Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015.- A deputada do BNG, Ana Pontón defendeu este luns na Comisión de Industria unha Proposición non de lei para manter o emprego e a produción nas plantas de Alcoa e San Cibrao e demandar do Goberno central a modificación do marco regulador da enerxía eléctrica.
Na súa intervención, Pontón sinalou que a factoría da Coruña viu reducida a súa produción nun 30% e un recorte de plantilla nos últimos anos dun 40% e advertiu que de pechar a planta de Alcoa da Coruña tamén periga Alcoa-San Cibrao porque gran parte da produción de alúmina abastece as fabricas de aluminio da Coruña e Avilés. Ademais, engadiu que a factoría de San Cibrao e “o sostén económico de toda da comarca da Mariña”, representando o 40% do PIB da provincia de Lugo.
Prácticas chantaxistas das multinacionais
A deputada denunciou as “prácticas chantaxistas” das multinacionais e salientou que Alcoa obtivo un beneficio de 220 millóns de euros no primeiro semestre do ano, “os seus maiores beneficios dende 2011”, e a pesar de obter beneficios, recalcou “non ten ningún reparo en pechar e trasladar a súa produción para seguir engordando a súa conta de resultados” e mesmo introducir en Galiza metal fabricado en Arabia Saudí.
A parlamentaria lembrou que no último Debate do Estado da Nación no Parlamento aprobouse por unanimidade demandar de ALCOA o compromiso de manter a actividade produtiva e a totalidade dos postos de traballo así como un sistema de prezos que favorezan a continuidade das empresas grandes consumidoras de enerxía eléctrica, pero constatamos, dixo, que non se fixo nada ao respecto e que a “situación vai a peor” despois de coñecer o borrador do Ministerio que regula as peaxes para 2016 e que pode duplicar o termo de potencia que pagan os grandes consumidores eléctricos polo subministro, circunstancia que afecta a ALCOA pero tamén a empresas como MEGASA,CELSA ou FEROLATLÁNTICA. A deputada afirmou que o modelo do Estado español “penaliza a actividade industrial” cando a aposta pola industria debería ser “un obxectivo estratéxico para o Goberno”.
En Alemaña ou Francia, explicou, para abaratar a electricidade e que as industrias sexan competitivas, “desagregan do Mix Eléctrico as distintas fontes de xeración e pagan polo custe real”, no Estado español poderíase facer coa enerxía hidroeléctrica pero prefire fixar o prezo pola fonte de xeración máis cara que entra no Poll, “todo para engordar as eléctricas”. Unha política, que ademais “impide que Galiza poda extraer beneficio da súa condición de grande produtora de electricidade” pero o goberno español xustifícao apelando á unidade de mercado.
Galiza carga cos custes da electricidade e non obtén beneficios
Para a deputada, Galiza “apanda cos custes sociais e medio ambientais da produción da electricidade mentres os beneficios das compañías emigran” nisto consiste, dixo o “espolio enerxético de Galiza.
Pontón concluíu a súa intervención afirmando que garantir o mantemento do emprego e da produción nas plantas de Alcoa da Coruña e San Cibrao é posible, “ só fai falla vontade política”, concluíu.
A iniciativa defendida pola deputada do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido Popular.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



