Burela, 15 de decembro de 2015.- O CD Burela FS Pescados Rubén de Primeira RFEF despedirá o ano cunha durísima semana, con dous encontros copeiros e un de liga. Comezará mañá, na casa, coa visita en Copa Galicia do Poio Pescamar FSF, a partir das 20.00 horas. Este será o último encontro laranxa sénior de 2015 en Vista Alegre; o custo da entrada será de 1 euro e a recadación destinarase á Asociación Protectora de Animais Bigotes, de Burela.
“A semana pasada xa foi complicada, con tres partidos de liga, e esta volverá ser moi difícil con outros tres encontros e un desprazamento moi longo. Non entanto volvemos aos adestramentos moi ben; a vitoria ante o Navalcarnero dá aínda máis ganas de seguir así e seguir traballando, aínda que se fai duro coas ausencias de Shio e Claudia” explicaba Judith, a benxamina laranxa, que estreou a súa conta goleadora no primeiro compromiso de Copa, co Leis Marcón anotando o definitivo 1-6.
Aos seus 17 anos, a ala-peche, que chegou esta tempada procedente do CD Adarve Lugo, irradia motivación e ilusión polos catro costados no seu día a día. “Está sendo unha experiencia incrible. Ao comezo custoume a diferenza de ritmo e tamén estar fóra da casa, bótase de menos a familia, pero agora cada día traballo con máis ganas e teño unha pequena familia no equipo, que me arroupou moi ben” explicaba a xoia laranxa, que compatibiliza o fútbol sala cos estudos de 2º de Bacharelato no IES Monte Castelo. “Non teño tempo para nada, só para adestrar, ir á clase e estudar”, puntualizaba a xogadora.
Vista Alegre e a filosofía laranxa son a clave para sacar adiante a cita ante o Poio, segundo Judith. “A priori é o compromiso máis complicado do grupo, cun rival da mesma categoría, con xente con experiencia, pero nós poñeremos todo o noso esforzo e ganas, e máis na casa, para avanzar na competición. Se me toca xogar uns minutiños axudarei en todo o que poida ao equipo e se vén outro gol, benvido sexa”, concluía a 15 burelista.
Traxectoria copeira
Ata o momento o cadro mariñán só se mediu ao Leis-Marcón, de Segunda División, impoñéndose 1-6. O xoves, pechará os compromisos da fase de grupos na pista do vigués Olivo FSF, de Autonómica, a partir das 21.15 horas.
Despedida en Roldán
A escuadra laranxa despedirá a liga de 2015 o sábado na pista do Jimbee Roldán FSF, ás 19.15 horas, sétimo clasificado.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
