Burela, a 23 de decembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) asegurou este mércores “ter recibido queixas de veciños e comerciantes pola tardanza na colocación do alumeado de Nadal, posto en funcionamento onte, cando o ano pasado se encendeu o día 10”.
Para o GMP, “este retraso perxudica ó comercio porque non anima o consumo. E agora non hai disculpas de que non hai cartos. É certo que en 2011 houbo que prescindir do alumeado de Nadal, porque daquela sí que non había cartos, e que en 2012 e 2013 non foi todo o amplo que se quixera, pero o ano pasado fíxose un esforzo ampliando o número de arcos e adiantando o encendido, a petición de ACIA”.
“Por eso, e por máis cousas, estamos fartos de que o o alcalde e o seu goberno da parálisis, cando non poden ou non queren facer algo, se disculpen alegando de que o PP non deixou cartos, ou de que non deixamos pagado. O goberno da parálisis, que é o que é este goberno, estase convertindo no clube dos mentirosos compulsivos, porque cartos sí que teñen, véxase os cáseque setecentos mil euros que lles quedaron en caixa no cambio de goberno, o remanente de tesorería de máis de un millón douscentos mil euros, e que por riba toda a contribución urbana do presente ano, cáseque dous millóns de euros, pagouse xa co seu mandato”, asegura o GMP.
Ademais, o PP afirma que “o alcalde anda decindo que o PP deixou facturas sen pagar á empresa do alumeado de Nadal. Outra mentira do alcalde: o alumeado do Nadal 2014/2015 pagouse mes e medio despóis, e por abundar no asunto o alumeado das festas patronáis deste ano pagouse mesmo antes das festas. Se o PSOE é capaz de demostrar o contrario, que o faiga xa, porque se non quedarán por mentirosos. En cambio, cando nós chegamos ó goberno en 2011 tivemos que pagar o alumiado do Nadal 10/11 e o alumiado das festas dese mesmo ano”.
Volvendo ó alumeado de Nadal, o GMP afirma que “a empresa que montou este ano o alumeado de Nadal non é a mesma que o viña facendo nestes anos anteriores. Sería bon que o alcalde explicase o motivo da decisión de cambiar de empresa, porque foi cousa súa. A nós cónstanos que a empresa anterior contactou co alcalde, pero este non devolveu o contacto. Agardemos que a empresa instaladora teña pedido os correspondentes permisos de enganche a BEGASA e que non haxa ningunha sorpresa”.
Aseguran que “ademáis, o alumeado de Nadal e a data de encendido sempre foi consensuado con ACIA. Lóxicamente, non sabemos se este ano foi así ou non. En todo caso, é algo que terá que ver ACIA cos seus asociados e discutir co alcalde”.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



