A Mariña, 17 de decembro de 2015.- Olalla Rodil reuniuse con delegados sindicais na sala do comité de Empresa de Alcoa aos que trasladou a propostas que defende Nós –Candidatura Galega en relación ao abastecemento enerxético para abaratar custes de produción ás empresas e famlias
A candidata da coalición nacionalista insistiu na idea de aproveitar o enorme potencial de Galiza como produtora de enerxía eléctrica, “non podemos deixar escapar de Galiza os recursos sen que teñan beneficio directo sobre a poboación e as empresas”, afirmou Rodil. Así mesmo informou do programa social de Nós -Candidatura no que se inclúe a derrogación das dúas reformas laborais aprobadas consecutivamente polo PSOE e despois polo PP.
A candidata ao congreso sinalou que “somos un país que exporta enerxía pero os beneficios vanse a outras partes do estado e as empresas tributan en Madrid” e engadiu que “o feito de que o noso territorio sexa un dos que máis enerxía produce debería ter un retorno para a poboación, esto é posible e en Muras comprobamos como se poden implementar medidas para que sexa así”. A proposta de Nós – Candidatura Galega acabaría cos sobresaltos existentes na Mariña cada ano co modelo de subasta aprobado polo Partido Popular para as grandes consumidoras como Alcoa, mais tamén para outras empresas e sectores produtivos importantes nesta comarca como o sector pesqueiro, o agro – gandeiro ou o forestal.
Entre outras propostas que Nós – Candidatura Galega trasladará ao congreso Derrogar as últimas reformas laborais, Mudar o réxime das relacións laborais, retomando unha regulación máis equitativa, para asegurar que a contratación indefinida sexa a regra xeral. Restaurar os dereitos adquiridos ante o despedimento improcedente e nulo, impulsando as reformas precisas para que o Estatuto dos Traballadores restabeleza con carácter xeral a indemnización de 45 días por ano de servizo. Transferir todas as políticas de fomento do emprego e formación continua á Galiza. Traspasar as competencias lexislativas plenas en materia laboral e de negociación colectiva, para poder decidir sobre os aspectos económicos e laborais que nos afectan e ter un verdadeiro marco galego de relacións laborais, o que contribuirá a mellorar as condicións de traballo e de traballadores e traballadoras. Deseñar políticas de fomento do emprego xuvenil estábel nunhas condicións laborais dignas.
Aplicar un salario máximo que non poderá ser superior en 10 veces o salario medio do Estado español ou mellorar a prestación por desemprego, incremento da prestación asistencial e ampliación a aqueles colectivos máis desprotexidos. Converter o “subsidio por esgotamento da prestación contributiva con responsabilidades familiares” ou axuda familiar para desempregados, nunha Renda de Garantía por Desemprego de carácter universal para todas as persoas en procura activa de emprego e que rematasen a súa prestación contributiva. Incrementar o Salario Mínimo Interprofesional para que garanta unhas condición de vida dignas.
Olalla Rodil estivo acompañada da mariñá candidata ao congreso Montse Porteiro e unha delegación da executiva comarcal do BNG mariñao coa responsábel comarcal Ana Ermida e o vicerresposábel Xoán Antón Estúa. Asistiron á reunión delegados sindicais de empresas auxiliares de ALCOA e da propia multinacional agora presidida por Xosé Paleo da CIG, tamén candidato por Nós – Candidatura Galega a quen parabenizaron pola recente presidencia do comité nas eleccións sindicais celebradas fai unhas semanas.
Posteriormente Olalla Rodil participou no acto público celebrado no salón de actos do Conservatorio de Viveiro ás oito e media da tarde.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



