Os celestes despiden o 2015 cun empate ante o Alondras (1-1) no Pepe Barrera antes de medirse ao Noia, o actual colista con 2 puntos menos que os mariñáns, o vindeiro 3 de xaneiro.
Os visitantes lograban adiantarse no marcador a finais da primeira metade, pero a comezos da segunda, David Rodríguez aproveitaba un erro dos rivais para colocar o empate no marcador que xa non se movería ata o remate do partido.
Forza Anxo
O club desexa unha “boa e rápida recuperación” a Anxo Ginzo -que abandonaba as filas do Ribadeo FC a pasada semana- tralo grave accidente de tráfico sufrido.