CERVO, 18 DE DECEMBRO. O goberno de Cervo rexeitou, no pleno extraordinario celebrado este xoves, as alegacións que dende o Grupo Municipal Socialista se presentaron para mellorar as contas orzamentarias para o vindeiro ano 2016, “eran unhas alegacións para dar nome e apelidos a 373.000 euros que non sabemos certamente a qué van ir destinados, pois séguenos escondendo baixo partidas de gastos diversos ou outros gastos”.
Os socialistas defenderon que “non eliminamos nada, o presuposto segue sendo equilibrado. Simplemente, destinamos as partidas que non teñen definicións concretas cara as tres grandes necesidades do noso concello, o fomento do emprego, a reactivación económica e a protección dos desfavorecidos”.
Pola contra, o equipo de goberno de Cervo, baixo as ordes do Partido Popular, “segue mirando para o seu propio embigo e non atende ás necesidades e demandas que nós trasladamos en nome de todos os nosos veciños”.
Neste senso, durante o pleno, os socialistas esixiron tal e como tiñan avanzado “a redución dos conceptos “caixón de xastre” ou gastos diversos para incrementar aqueles relacionados coa promoción turística, motor da economía do noso concello, como é a creación dun Plan Estratéxico Integral de Reactivación e Incentivación Turística ao que se destinen 150.000 euros; co aumento do Plan de Emprego nuns 218.000 euros para favorecer os colectivos máis afectados pola crise económica e o paro como son as mulleres cervenses e os maiores de 45 anos. E por último, cos relacionados coa partida de Emerxencia Social, uns 20.000 euros que beneficien aos veciños que se atopan nunha difícil situación”.
Economía, emprego e protección social, son os piares básicos polos que o GMS de Cervo cría e cre necesaria “a reestructuración dos orzamentos para o vindeiro ano 2016. Lamentamos profundamente que ao equipo de goberno do PP sigan sen interesarlle para nada os intereses dos cervenses”.
Por último, e ante as últimas declaracións vertidas nos medios polo goberno de Cervo, os membros do GMS non consinten que se diga que “o PSOE de Cervo estivo calado no pleno no que aprobaron os presupostos. É unha falsedade. Defendemos todas as nosas inquietudes e fomos desgranando cada un dos puntos nos que non estabamos de acordo. Por riba, xa que vimos que non contemplaban ningunha das nosas propostas, xa anunciamos ese mesmo día que presentaríamos alegacións. E cumplimos coa nosa palabra, non coma outros”.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



