Guitiriz, 13 de decembro de 2015.- A Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, e os candidatos ao Congreso e ao Senado, Rodrigo Pavón e Ricardo Varela, pediron este domingo aos cidadáns que o 20 de decembro lembren os avances e oportunidades que supuxeron no país os gobernos do PSOE, e a pobreza e desigualdade que xeraron os da dereita.
Regina Polín explicou que “cando antes só os ricos podían estudar, o PSOE conseguiu que tivésemos unha ensinanza pública de calidade que, nos últimos 4 anos, rompeu o PP. O PSOE fixo posible que tivésemos o mellor sistema de sanidade de Europa que, en 4 anos, tamén rompeu o PP. Hoxe faltan médicos e ata vacinas, que hai que ir a mercar en Portugal”.
“O PSOE conseguiu que tivésemos un sistema de pensións. Co goberno de Zapatero as pensións mínimas subiron preto dun 50%. Co PP só o fixeron nun 0,25%, que non supón absolutamente nada grazas ao copago de medicamentos da dereita. Zapatero deixou no Fondo de Reserva de Pensións case 67.000 millóns de euros ara garantilas. O PP baleirouno á metade co risco, segundo os expertos, que non haxa cartos para as pensións no 2018 se as políticas non cambian”.
“En Galicia vivimos do rural. O PSOE conseguiu que as explotacións gandeiras vivisen os seus mellores momentos. Hoxe co PP pechan porque nin tan sequera cobren os gastos de produción. Queremos potenciar as políticas agrarias para vivir no rural, co rural e para o rural”.
“O actual mandato foi o peor da democracia. Por iso, o 20 de decembro, pídovos que pensedes na pobreza e desigualdade que trouxo o PP, nas súas políticas privatizadoras para que os ricos sexan máis ricos, para que desapareza a clase media e para que todos sexamos máis pobres”.
A nena de Rajoy non pode manifestarse, non ten becas ou ao mellor está exiliada
Rodrigo Pavón apuntou que “o 20D non nos xogamos un novo goberno ou un presidente, xogámonos o futuro para os próximos 20 anos. Temos que volver a forxar a cadea solidaria que implantou o PSOE para que se estudas traballas, se traballas tes un soldo digno a finais de mes, se pagas impostos tes uns servizos públicos de calidade e co teu traballo pagas as pensións de teus país. O PP rompeu esta cadea solidaria. Mañá Rajoy falará da súa nena. Pero a súa nena hoxe non ten dereito a manifestarse, non ten becas ou ao mellor está exiliada porque non ten traballo”.
O PSOE non tocamos de oído. “Sabemos o que tocamos. O noso programa electoral é un contrato cos cidadáns”
“A dereita por moito que se vista de laranxa segue a ser dereita, pois queren continuar coa reforma laboral e introducir o contrato único para que os despidos sexan máis baratos, beneficiando á patronal e non os traballadores. Isto é máis dereita. Deberían presentarse xuntos para non confundir. Pablo Iglesias é un fraude para a esquerda pois prefire que continúe gobernando a dereita que permitir un goberno socialista. O cambio cara as oportunidade só é posible co PSOE, o partido que trouxo todos os avances sociais e dereitos ao noso país, un partido onde non tocamos de oído, pois sabemos o que tocamos e o noso programa electoral é un contrato cos cidadáns”.
Contrarrevolución social de PP e Ciudadanos
Ricardo Varela destacou que “Rajoy e o seu primo de Rivera queren consolidar o modelo de inxustiza social. E para elo fixeron un deseño perfecto para que os votos da dereita non se perdan e continúe a gobernar a dereita. Por un lado presentase o PP e por outro Ciudadanos. Pero todo é o mesmo: dereita. Só o PSOE pode facer fronte a esta contrarrevolución social da dereita”.


















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



