Viveiro, 28 de decembro de 2015.- Despois da Xunta de Voceiros celebrada este luns ás 11 h no Concello, o PP de Viveiro presentou as seguintes propostas para incorporar ós orzamentos do 2016, aínda que algunha delas – baixada do IBI – son conscientes de que non poderá ser efectiva ata o 2017.
Son todas propostas que buscan mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, a reducir a carga impositiva que actualmente soportan ,a potenciar a creación de emprego e a dinamización e mellora do noso Concello. Pensamos que son unhas boas medidas – moitas delas presentes no noso programa electoral co que concurrimos as Municipais de maio -, o igual que nos parecen boas as xa aceptadas a proposta do BNG.
As medidas presentadas este luns foron:
1. Cubrir as 5 prazas vacantes da Policía Local
2. Cubrir a praza de electricista vacante
3. Baixada do IBI, reducindo o multiplicador local do 0,79 a un coeficiente menor, máxime tendo en conta o incremento recaudatorio como consecuencia da revisión catastral aplicada recientemente. – Proposta PP de Viveiro nunha moción presentada en marzo 2015 e que foi aprobada por unanimidade -. Para 2017
4. Elaboración dun Plan Plurianual, coa suficiente dotación orzamentaria, que de solución definitiva ás roturas das traídas da auga das distintas parroquias. Dándolle prioridade as dúas canalizacións que xa veñen dando problemas dende fai anos, tales como son as de Xunqueira ata Landrove e na zona de Celeiro.
5. Aumentar a cuantía do Plan de Promoción de emprego.
6. Creación da Comisión para a elaboración duns criterios obxectivos para adxudicar as axudas deportivas e culturais, tal e como se aprobou en outubro do 2014 e por unanimidade, a raíz dunha moción presentada polo PP.
7. Dentro do apartado de Inversións, en viales e pistas, solicitamos a adecuación e ampliación do camiño coñecido como Rego dos Merlos en Misericordia – pouco máis de 100 m. lineales -, ampliando e pavimentado este tramo para que poidan ter acceso servicios básicos como o de ambulancia, as vivendas situadas nesta zona superior da Misericordia.
8. No capítulo de investimentos, elaborar un Plan de conservación e mantmento de pistas nas parroquias, que poderá facerse ó 50% a través dun convenio entre o Concello e as comunidades de Montes.
9. En investimentos, facilitar o acceso a internet de alta velocidade nas parroquias.
10. Elaboración dun Plan de sinalización de rutas de sendeirismo,puntos de interese histórico, natural, turístico…
11. Dotar unha partida para a creación dun viveiro de empresas, facilitando ós novos emprendedores un local con todo o necesario para o seu funcionamento.
12. Revisión dos complementos de productividade que se reparten dun xeito pouco obxectivo, e os aproximadamente 15.000 euros que se pagan por este concepto, adicalo a investimentos.
O sentido do noso voto no Pleno dos Orzamentos 2016, virá marcado pola resposta que se lles dea sobre as mesmas, agardando que se teñan en conta a maior parte das mesmas. O largo deste luns, e ata unhas horas antes do Pleno do martes, agardarán pola resposta da Sra. Alcadesa.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



